HomeMedio ambiente e PatrimonioXornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Realizáronse en colaboración coa Asociación Micolóxica Os Lactouros e o Concello de Monforte os días 4, 5 e 6 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo a oportunidade de achegarse ao mundo dos cogomelos grazas a unha actividade medioambiental e micolóxica que lles ofreceu a entidade ‘Os Lactouros’.

A iniciativa, enmarcada no programa de actividades de outono promovido polo Concello de Monforte e dentro do trimestre micolóxico no Daviña Rey, tivo como obxectivo achegar o coñecemento da natureza e dos produtos de tempada aos máis pequenos, fomentando o respecto polo medio ambiente e o valor da biodiversidade. Participaron nesta xornada alumnado de primeiro de primaria (6 anos) dos seguintes centros educativos de Monforte: CEIP A Gándara, CPR Torre de Lemos, Colexio Escolapios.

Durante a actividade, máis de 100 nenos e nenas da cidade do Cabe asistiron a charlas e obradoiros prácticos de iniciación á micoloxía cos que aprenderon a recoñecer distintas especies botánicas e forestais propias da contorna, así como diferenciar cogomelos comestibles e tóxicos. Ademais, abordáronse temas transversais como a importancia da diversidade biolóxica, o respecto polo medio natural, o problema do despoboamento rural e a prevención dos incendios forestais.

A cativada atenta ás explicacións sobre cogomelos. Foto: Os Lactouros.

Segundo explican dende a organización, “é fundamental que as novas xeracións aprendan desde pequenas a mirar o monte con curiosidade e respecto, entendendo que conservar é tamén unha forma de coidar o noso futuro”.

A Asociación Micolóxica Os Lactouros, unha das máis antigas de Galicia, e o Instituto Daviña Rey continúan así a súa colaboración en materia de divulgación científica e educación ambiental.

Grupo de alumnos do IES Daviña Rey nas xornadas divulgativas. Foto: Os Lactouros.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...