HomeMedio ambiente e PatrimonioContinúa en Monforte a campaña informativa “RecicLemos de xeito sostible”

Continúa en Monforte a campaña informativa “RecicLemos de xeito sostible”

Este luns, 15 de decembro, a carpa informativa instalouse en horario de mañá na rúa Doutor Casares, nas proximidades do cruce coa rúa San Pedro. No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes de composteiros domésticos que o Concello entrega de balde aos veciños e veciñas con hortas ou parcelas cunha superficie mínima de 25 m2 no termo municipal monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa campaña desenvólvense accións comerciais na rúa e nos centros educativos co obxectivo de chegar a toda a veciñanza e de sensibilizar á xente nova das vantaxes da compostaxe doméstica e da importancia de facer un bo uso do colector marrón.

O Concello de Monforte implantou hai máis dun ano nas rúas do municipio o colector marrón, que ten como uso exclusivo a recollida de restos de orgánica, e xa son más de 2.000 as familias que participan de forma activa no uso do colector marrón. Con esta nova campaña, o Concello fai un chamamento á cidadanía para que máis veciños e veciñas se sumen ao voluntariado marrón.

Solicitudes e formularios online

As persoas e queiran darse de alta na campaña, poderán facelo ‘in situ’ nas carpas informativas que se instalarán nas rúas nas vindeiras semanas. Tamén poden rexistrarse chamando ao teléfono do Concello 982 402 501, acudindo ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou a través da solicitude online FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE TI TES A CHAVE CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. 

Esta campaña inclúe tamén o fomento da compostaxe doméstica. Na acción anterior repartíronse 253 composteiros e desta volta entregaranse 150 novas unidades entre as persoas interesadas que residan nunha vivenda illada e que conten cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m2. As solicitudes poden facerse nas carpas informativas, no teléfono do Concello  982 402 501, acudindo ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou ben directamente a través do FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...