HomeMedio ambiente e PatrimonioO PP de Monforte felicítase polas xestións con Turespaña para restaurar a...

O PP de Monforte felicítase polas xestións con Turespaña para restaurar a muralla

Segundo o PP, a xestión é froito da proposición non de lei dos populares, aprobada no Parlamento, para solicitar do Ministerio de Enerxía e Turismo e de Turespaña, a recuperación e restauración do tramo da muralla entre a Torre da Homenaxe e a Porta Nova.

Publicado o

- Advertisement -

A muralla de Monforte é un dos conxuntos fortificados da Idade Media máis importantes de Galicia e constitúe un importante valor cultural para Monforte pero “sofre un abandono alarmante. Isto a pesar de que o Concello dispón dende o 2008 dun Plan de actuacións para a súa recuperación; pero dende aquela xa se perderon máis de 10 anos sen facer ningunha xestión ao respecto”, critican os populares.

Lamentan tamén que o alcalde non pedise, nestes anos, as axudas do 1% cultural, que permitirían actuar sobre os tramos da muralla de titularidade municipal. “Ante a inacción do goberno local, tivemos que traballar para coñecer a titularidade, e unha vez constatado que parte da muralla era de Turespaña, instar a que actuasen a través do Parlamento de Galicia”, sinalan desde o PP.

A voceira do Grupo Municipal Popular, Julia Rodríguez, cre que “o inicio do estudo da situación actual do monumento por parte dos técnicos de Turespaña de cara á mellora do estado de conservación da muralla é unha boa nova para Monforte”. Rodríguez lamenta que “o equipo de goberno local teña votado en contra das iniciativas a este respecto que se debateron no Pleno a iniciativa do Grupo Popular incluso cando se lle pedía que mantivese a muralla en axeitadas condicións de limpeza”.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...