HomeMedio ambiente e PatrimonioTalas de madeira sen autorización en Sober?

Talas de madeira sen autorización en Sober?

Agroma Sober proporá ao Concello que se informe á veciñanza e ás Comunidades de Montes sobre as leis e normas en vigor.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo Agroma Sober, a Comunidade de Montes “A Fenteira” de Brosmos (parroquia de Santa Cruz de Brosmos, Concello de Sober) levou a cabo unha tala de piñeiros en terreos do monte comunal, no primeiro trimestre de 2018. Esta tala foi denunciada ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil por terse feito na contorna dun regato e sen autorización.

A Confederación Hidrográfica Miño Sil comprobou que se produciron dúas talas na parroquia de Santa Cruz sen dispor de autorización administrativa, unha en propiedade da Comunidade de Montes de Santa Cruz de Brosmos e outra “na  zona de policía da marxe dereita do río Fraga, non afectando á zona de servidume, nin ao cauce.”

Desde Agroma Sober anuncian que pedirán á Xunta os expedientes de permisos de corta nesta parroquia. Aseguran que comprobaron a magnitude da corta e consideran que debe informarse máis á cidadanía sobre as leis e normas en vigor en materia de corta de madeira, tanto no que ten que ver coa solicitude de permisos como nas obrigas de retirada de restos de corta ou na necesidade de non deteriorar os valados e camiños.

ÚLTIMAS

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...