HomeMedio ambiente e PatrimonioO túnel romano de Montefurado protagonista nun coloquio internacional

O túnel romano de Montefurado protagonista nun coloquio internacional

Do 2 ao 4 de abril na cidade asturiana de Gijón falarase del dentro do V Coloquio Internacional de Arqueología.

Publicado o

- Advertisement -

Neste encontro internacional abordaranse as formas de captación e almacenamento da auga na época romana, así como a maneira de empregala como enerxía en distintos contextos: núcleos de poboación, establecementos rurais ou zonas mineiras.

O día 4 de abril os arqueólogos Iván Álvarez Merayo e Daniel Ballesteros, así como o director do museo xeolóxico de Quiroga, Ramón Vila, e o xerente do grupo de desenvolvemento rural Ribeira Sacra-Courel, Martín Alemparte falarán sobre a integración das estruturas hidráulicas romanas no proxecto do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

Co obxectivo de integrar as estruturas hidráulicas romanas no proxecto do xeoparque revisouse toda a documentación arqueolóxica das máis de 20 estruturas deste tipo relacionadas con explotacións auríferas romanas existentes no territorio. Estas estruturas inclúen principalmente canles de auga de ata 5 quilómetros de lonxitude, depósitos de auga e túneles como o de Montefurado, de 120 metros de longo e 20 de diámetro.

Nas xornadas participarán varios historiadores, dous deles pertencentes ao Instituto de Historia do CSIC, que falarán sobre o túnel romano de Montefurado, a súa tecnoloxía, o territorio e a organización do desvío dun río. Presentaranse os resultados da campaña do traballo de campo levada a cabo recentemente dentro do proxecto de investigación encargado pola Xunta de Galicia para o estudo e valorización do conxunto histórico de Montefurado.

Como resultado destes traballos levouse a cabo unha ampla documentación da zona, que permitiu unha mellor comprensión desta antiga obra nun contexto tecnolóxico e histórico máis amplo.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...