HomeMedio ambiente e PatrimonioDías clave no camiño da Ribeira Sacra cara Patrimonio da Humanidade

Días clave no camiño da Ribeira Sacra cara Patrimonio da Humanidade

Este venres, 5 de abril, os membros do Consello do Patrimonio, reunidos desde este xoves no Parador de Santo Estevo, decidirán se o Ministerio de Cultura eleva ante a UNESCO, a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

- Advertisement -

A candidatura da Ribeira Sacra para entrar na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco a exame no mosteiro de Santo Estevo. Esta mañá abríase a xuntanza do Consello de Patrimonio Histórico, contando coa presenza do Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e baixo a presidencia do director xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, Román Fernández-Baca. Posteriormente celebrouse unha reunión privada na que participaron todos os membros do Consello de Patrimonio Histórico e na que a representación da Xunta de Galicia expuxo a candidatura da Ribeira Sacra.

O Consello de Patrimonio Histórico é un órganismo entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas que ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte.

Os membros do Consello de Patrimonio Histórico chegaban onte a Santiago, onde foron recibidos pola directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, e polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, en representación da Xunta de Galicia que exerce de anfitrioa.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...