HomeMovementos sociaisO salario mínimo de 900 euros, unha quimera no sur de Lugo

O salario mínimo de 900 euros, unha quimera no sur de Lugo

A secretaría de acción sindical de CC. OO. Lugo advirte que moitos empresarios da zona sur non cumplen co Real Decreto de subida do SMI.

Publicado o

- Advertisement -

A entrada en vigor do Real Decreto 1462/2018, de 21 de decembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2019 non se está a cumprir na zona sur de Lugo por parte de moitos empresarios.

Esta é a conclusión á que chega o sindicato CC.OO. despois dun estudio que realizaron entre afiliados e delegados sindicais das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada en sectores da hostalería, servizo doméstico, perruquerías, comercio e tendas do textil.

Estiman que uns 2.000 traballadores/as destas comarcas non están a cobrar os 900 euros que lle corresponden por lei e infórmanlles que os pluses de antigüidade, transporte, productividade e nocturnidade cóbranse a maiores dos 900 euros indicados, e nunca incluídos neste soldo.

Rematando o comunicado de prensa informan que un dos sectores “máis incumpridores” é o sector da hostalería, aínda que hai importantes excepcións, con exemplos de bo facer e de respecto do convenio.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...