HomeMovementos sociaisEnfermeiras en Loita denuncia a precariedade do seu sector cunha enquisa

Enfermeiras en Loita denuncia a precariedade do seu sector cunha enquisa

Este colectivo sinala que unha maior precariedade laboral neste sector vai da man dun deterioro da calidade asistencial.

Publicado o

- Advertisement -

O colectivo Enfermeiras en loita deu a coñecer onte día 17 de xuño os resultados da “Enquisa da Enfermaría galega precaria“. Trátase dun informe que recolle as conclusións principais da enquisa realizada entre os meses de marzo e maio a máis de 700 profesionais temporais da enfermaría en Galicia.

A súa principal conclusión é que a inestabilidade laboral neste sector non é un feito puntual, senón que vai en aumento cun conseguinte deterioro da calidade da asistencia. Segundo declaran os responsables do colectivo, os traballadores temporais da sanidade non teñen vacacións nin posibilidade de baixas por enfermidade ou embarazo; e están sometidos a mobilidade entre servizos de forma case diaria, coas dificultades que isto conleva para levar a cabo unha conciliación familiar e social axeitada.

O rostro da precariedade é feminino: case o 90% das persoas enquisadas son mulleres, cunha media de idade de 32,2 anos. Máis do 89% deles opina que se atopa nunha situación de precariedade, xa que de media levan uns 8 anos nas listas. Dende a asociación Enfermeiras en loita consideran que “é tempo de coidar a quen te coida” e poñerlle fin á temporalidade entre os traballadores da sanidade.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...