HomeMovementos sociais'Mulleres mudando o rural', programa para empoderar e reforzar as capacidades das...

‘Mulleres mudando o rural’, programa para empoderar e reforzar as capacidades das mulleres

A Concellería de Igualdade de Monforte, a través do Centro de Información á Muller, desenvolverá un 'Programa de empoderamento e mellora da empregabilidade' dirixido a mulleres con diferentes obradoiros a realizar entre os días 13 de setembro e 4 de decembro deste ano.

Publicado o

- Advertisement -

Co gallo do “Día da Muller Rural”, o vindeiro 15 de outubro, o Concello de Monforte organizará, dende a Concellería de Igualdade e en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), un Programa de empoderamento e mellora da empregabilidade dirixido a mulleres e denominado “Mulleres mudando o Rural”. O desenvolvemento formativo desta acción é responsabilidade da Asociación Sustinea, asociación con sede en Ourense que está especializada en temas de sostenibilidade. Neste programa abordará o empoderamento da muller como aspecto fundamental da súa propia evolución e da dinamización do rural.

O Programa ten unha duración de 20 horas distribuídas en 5 sesións de catro horas en horario de 9:30 h a 13:30 h que se levarán a cabo no Centro Cívico Social (paseo do Malecón, 26) nas seguintes datas:

Venres 13 de setembro: Obradoiro de Crecemento Persoal: Autocoñecemento e autoestima.

Xoves 10 de outubro: Obradoiro de Apoderamento: Orientación sociolaboral, recursos e entrevistas.

Xoves 17 de outubro: Obradoiro de Apoderamento: Orientación sociolaboral, recursos e entrevistas II.

Xoves 21 de novembro: Obradoiro de Ferramentas para a vida: Recursos sociais, xurídicos e dixitais.

Mércores 4 de decembro: Obradoiro “Mulleres Natura”: A figura da muller na emerxencia climática e no desenvolvemento rural.

O obxectivo das diferentes sesións formativas é aumentar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural a través da mellora da súa capacitación profesional. En canto á financiación, esta corre a cargo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e conta co apoio do Concello de Monforte.

As mulleres interesadas en participar na actividade deben inscribirse no Centro de Información á Muller sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número 982 416 350.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...