HomeMovementos sociaisCondena polo asasinato machista de Manuela no Concello da Pastoriza

Condena polo asasinato machista de Manuela no Concello da Pastoriza

A Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia (ASOCIM) condenou o ocorrido este pasado sábado e traslada o seu pesar por este novo crime machista, o sexto rexistrado no que vai de ano. A asociación monfortina FEMForte convocou unha concentración en Monforte para este luns diante do concello ás 20:15 h.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado 25 de xaneiro Manuela Iglesia Fernández foi asasinada polo seu marido na parroquia de Crecente, na Pastoriza, e convértese na primeira muller vítima mortal a causa da violencia de xénero na nosa comunidade en 2020.

A entidade ASOCIM reclama reforzar os Centros de Información á Muller nos concellos do interior galego, dada a dispersión da poboación e a avanzada idade da mesma. Por iso, as e os profesionais dos CIM volven poñer enriba da mesa a necesidade de repensar o reparto dos fondos do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero de tal xeito que permitan optimizar os servizos de atención ás vítimas de violencia machista e crear axudas de maior duración e contía, adaptadas ás diferentes realidades ás que teñen que facer fronte. Neste sentido, é de suma importancia que se deseñen prestacións que atendan ás necesidades das mulleres maiores que ven como moitas veces quedan fóra delas ao non estar en situación de acceder ao mercado laboral, requisito indispensable en varias das liñas de asistencia.

Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Así mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.

CONCENTRACIÓN EN MONFORTE

A asociación FEMForte convocou unha concentración de repulsa para este luns ás 20:15 h. na Praza do Campo de Santo Antonio, diande da Casa do Concello de Monforte. Será unha das moitas mobilizacións que están convocadas ao longo de Galicia para este día.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...