HomeMovementos sociais‘O teu exemplo crea sociedade’, campaña colaborativa para o 25N en Sarria

‘O teu exemplo crea sociedade’, campaña colaborativa para o 25N en Sarria

Baixo este lema, o Concello de Sarria conmemora esta data convidando a que veciñas e veciños colaboren coa súa creatividade enviando mensaxes positivas de igualdade, sororidade, responsabilidade e liberdade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 25 de novembro conmemórase o “Día Internacional contra a violencia de xénero”, data que a Área de Educación, Muller, Xuventude e Integración do Concello de Sarria aproveita este ano para lanzar a campaña O TEU EXEMPLO CREA SOCIEDADE coa “absoluta convicción de que a tolerancia cero da violencia contra as mulleres debe ser un valor da sociedade no seu conxunto”. E tendo claro tamén que “o noso compromiso e os nosos actos son os que potencian o cambio social”.

Para que o 25 de novembro se poida celebrar o fin da violencia machista cómpre coeducar no respecto e inculcar desde a infancia a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, sendo necesarias máis seguridade, máis educación en igualdade, máis prevención e máis liberdade.

Dende a Área de Educación, Muller, Xuventude e Integración, que encabeza a concelleira Mª Eugenia Valcárcel, entenden que “desde todos os ámbitos da sociedade temos que estar atentos a aqueles comportamentos e actitudes que denotan violencia de xénero; non mirar cara a outro lado e actuar. Sobre todo a idades temperás. E pór especial énfase na adolescencia e nas redes sociais, que son agora un ámbito no que cada vez máis se mostra a vulnerabilidade das mulleres. Nesta  etapa, a violencia de xénero maniféstase desde o abuso verbal e emocional ata a agresión sexual”.

“Desde todos os ámbitos da sociedade temos que estar atentos a aqueles comportamentos e actitudes que denotan violencia de xénero; non mirar cara a outro lado e actuar. Sobre todo a idades temperás”.

Os cambios nas estruturas da sociedade son difíciles e lentos, pero coa igualdade de xénero empezan a verse ‘gromos verdes’, e no Concello de Sarria confían en que o movemento transformador non fixo máis que empezar e que “no momento que se pon en marcha é difícil paralo”.

Así, pois, nace esta campaña na que se pide a colaboración e implicación da propia veciñanza. Anímaselles a botar man da creatividade e que, utilizando o formato que máis se adapte a cada un, participen nesta campaña, de xeito individual ou colectivo, dende o propio negocio ou asociación, equipo deportivo, aula, escola, etc. O obxectivo é encher Sarria de mensaxes positivas, de sororidade, de responsabilidade, de liberdade.

Ilustracións, fotos, vídeos, carteis… calquera forma de expresar unha idea contra a violencia de xénero e pola igualdade será moi ben recibida e dende o concello daranlle difusión durante a última semana do mes de novembro co gallo da conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero.

O obxectivo é encher Sarria de mensaxes positivas, de sororidade, de responsabilidade, de liberdade.

As propostas poderanse enviar ata o 23 de novembro ao correo electrónico creasociedade25N@sarria.es e para calquera dúbida recoméndase chamar ao Centro de Información á Muller ( 982 535061 ). Todas as achegas terán o seu protagonismo nunha acción que prepara o propio Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...