HomeMovementos sociais210 familias monfortinas recibirán alimentos da Cruz Vermella

210 familias monfortinas recibirán alimentos da Cruz Vermella

A segunda fase do Programa de Axuda Alimentaria ás persoas máis desfavorecidas FEAD 2020 deixou 17.000 quilos de alimentos para repartir na cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cruz Vermella, no seu compromiso coas persoas máis vulnerables coas que xa traballaba antes da pandemia pola Covid-19, distribúe estes meses 17,5 millóns de quilos de alimentos a nivel nacional, o que representa para a provincia de Lugo 113.000 quilos.

O programa de Axuda Alimentaria ás persoas máis desfavorecidas FEAD 2020 está cofinanciado nun 85% polo Fondo de Axuda Europea ás persoas máis desfavorecidas (FEAD) e nun 15% polo orzamento nacional.

En Monforte, a repartición desta segunda fase da campaña de alimentos do FEAD será duns 17.000 quilos de alimentos que chegarán a algo máis de 210 familias, ou o que é o mesmo, a uns 668 usuarios/as.

Os alimentos non perecedoiros que se distribúen son: Aceite de oliva, arroz, atún, conserva de carne magro de porco, conserva de sardiña, froita en almíbar, galleta, faba cocida, leite uht, macedonia de verduras, pasta (macarróns), tomate frito en conserva, batidos de chocolate e potitos de polo e de froita. Dende Cruz Vermella din tamén que nesta segunda fase do programa non houbo incremento de solicitantes de alimentos con respecto á primeira acción realizada meses atrás.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...