HomeMovementos sociaisAs mobilizacións pola redución do transporte escolar no Courel chegan á UE...

As mobilizacións pola redución do transporte escolar no Courel chegan á UE e á sede da Xunta en Lugo

Comezan caceroladas diarias que tamén se escoitarán na cidade de Lugo o vindeiro mércores, 13 de xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

As mobilizacións para pedir un transporte escolar digno no Courel aumentan e xa chegan á UE e a Xunta en Lugo. A ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra decidiu realizar caceroladas diarias. Unha acción que comezaron esta fin de semana xunto coa realización de varias pancartas reivindicativas nas aldeas de Folgoso do Courel.

Ademais, anuncian que o vindeiro mércores 13 de xaneiro teñen programada unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, onde tamén realizarán unha cacerolada. De feito, a ANPA solicitou unha reunión coa inspección de Educación da provincia de Lugo, pero, «Aínda non recibimos resposta ao respecto», sinala a portavoz da ANPA Susana Costa.

Pancarta en Folgoso do Courel pedindo un transporte escolar digno / ANPA Cpi Poeta Uxío Novoneyra

QUEIXA EN EUROPA

Por outra banda, o Defensor do Pobo Europeo, ven de admitir a tramite a queixa de incumprimento de normativas , que presentou C@urel Vivo o día 20 de decembro de forma telemática. “Tras 20 días, aceptase a trámite e recadaran toda a información por parte da Consellería e dos afectados, para dar unha decisión”, apunta Óscar Carrete.

“A esta queixa, desde C@urel Vivo sumamos outra posta ó Tribunal de Contas Europeo, que audita o diñeiro investido desde a UE. Que a Xunta de Galicia estea a usar diñeiro Europeo para desmatelar o rural, e desde a UE sacasen os fondos FEDER, que veñen para o transporte; para facer unha discriminación positiva en zonas como a nosa”, engade.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...