InicioMovementos sociaisMáis de 8.000 firmas de apoio ao actual transporte escolar do Courel

Máis de 8.000 firmas de apoio ao actual transporte escolar do Courel

A campaña suspendeuse logo de que a Xunta accedera a reiniciar o proceso de licitación do servizo de transporte.

Publicado o

- Advertisement -

A ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra e os taxistas do Courel concluíron a campaña de recollida de firmas para defender o actual modelo de transporte escolar da comarca. Conseguiron máis de 8.000 apoios.

A suspensión da campaña débese ao anuncio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de anular e reiniciar o proceso de licitación do servizo de transporte para os próximos dous cursos, un procedemento que se atopaba paralizado desde xaneiro tras as queixas de varios dos interesados no proceso, entre eles a comunidade do Courel.

Desde a ANPA confían en que a Xunta non repita os erros anteriores na elaboracion dos pregos do novo plan de transporte escolar, co fin de que “siga mantendo a calidade necesaria” e que ir a clase no Courel “non signifique botar horas nun autobús facendo quilómetros innecesarios”.

O servizo na zona prestábase con taxistas da propia localidade e o proceso de renovación impulsado pola administración, tal e como estaba exposto, impedía a estes condutores manterse á fronte nos termos propostos, segundo denunciaron as familias do municipio.

Do mesmo xeito, os veciños criticaban que o novo modelo obrigaría aos fillos para realizar desprazamentos máis longos e establecía o uso dun tipo de vehículo inadecuado para as aldeas e as vías da zona.

Tras as protestas e alegacións presentabas tanto polo municipio do Courel como outros colectivos, a Xunta suspendeu o 11 de xaneiro o prazo de presentación de ofertas para a licitación dos roteiros de transporte escolar.

Finalmente, o pasado venres a Consellería ditou unha resolución para suspender o proceso debido ao alcance dos erros detectados nos pregos, como ausencias de paradas necesarias ou vehículos non axustados ás estradas, entre outras cuestións.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...