HomeMovementos sociaisCarreira contra o cancro en Monforte

Carreira contra o cancro en Monforte

A iniciativa parte da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo e o evento deportivo terá lugar o día 2 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo veñen de anunciar o evento deportivo “Monforte En Marcha Contra o Cancro”, unha iniciativa que reúne xente de todo o territorio nacionalcun obxectivo común: a loita contra o cancro.

Celebrarase o domingo 2 de outubro presentándose como unha actividade lúdico-deportiva na que centos de persoas sumaranse ao movemento para gozar dunha carreira de 5 quilómetros que tinguirá Monforte de verde para visibilizar a loita contra esta enfermidade.

Con este evento, os organizadores queren converter Monforte en referente solidario e deportivo, fomentando un estilo de vida saudable, e recadar fondos para proxectos asistenciais, de prevención e investigación oncolóxica.

Aproveitando este importante evento, a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo convida ás empresas de Monforte e contorna a implicarse economicamente, xa sexa como patrocinador, colaborador ou participante. Nese caso só teñen que contactar cos organizadores e preguntar como poden facelo.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...