HomeMovementos sociaisProtesta veciñal o 27 en Sarria contra as corridas de touros

Protesta veciñal o 27 en Sarria contra as corridas de touros

Galicia, Mellor Sen Touradas, comeza este luns día 24 unha campaña para chamar á cidadanía a participar na protesta veciñal convocada para o xoves 27, coincidindo co pleno ordinario no que se debatirá unha moción ao respecto das corridas de touros e o papel que debería tomar Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

Para o día 30 deste mes está organizada unha corrida de touros en Sarria e desde Galicia, Mellor sen Touradas critican que haxa un anuncio da venta de entradas sen que haxa autorización da Xunta. Segundo a plataforma Galicia, Mellor sen Touradas, é susrrealista que se poidan vender entradasvpara unha actividade que non contaría, aínda, coa hipotética autorización da Xunta, organismo competente en materia de espectáculos taurinos. Por este motivo, os abolicionistas pídenlle á Xunta que non autorice dito espectáculo. Para seguir insistindo nas súas demandas convocan unha protesta veciñal o día 27 coincidindo co pleno no que se abordará o futuro dos touros en Sarria e o papel que debe xogar o concello.

Desde o equipo de goberno de Sarria anuncian que velarán porque se cumpra a lei. Lembran que a organización da actividade non corresponde ao concello e que, polo tanto, é o promotor da corrida quen ten que xestionar os permisos ante a Xunta. En todo caso aseguran que o día 30 acudirán á cita taurina e que se non está todo en orde, a actividade cancelarase.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...