HomeMovementos sociais‘Invisibles’: unha mostra fotográfica feita en Bóveda que chegará a Lugo e...

‘Invisibles’: unha mostra fotográfica feita en Bóveda que chegará a Lugo e a Vigo

A mostra, na que as protagonistas son usuarias da Domus Vi, terá carácter itinerante, tras ser exposta en Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición fotográfica ‘Invisibles’, exposta do 25 de marzo ao 12 de abril no Centro Sociocultural de Bóveda, pretende visibilizar a beleza sen filtros de mulleres residentes na Domus Vi Bóveda e nace a partir do proxecto ‘Inmarcesibles’ do Concello de Sober sobre a beleza real feminina.

O pasado xoves, 13 de abril, tivo lugar a clausura da mostra no espazo cultural devandito coa asistencia de todas as usuarias da residencia para persoas con discapacidade de Bóveda participantes neste proxexto. 

A mostra está protagonizada por 14 mulleres con discapacidade da Domus Vi de Bóveda e, dado o interese da mesma, agora terá carácter itinerante. O primeiro sitio no que vai ser exposta será Sober e de aquí viaxará a Lugo ou a Vigo, entre outros lugares.

Mulleres do Domus Vi de Bóveda. Foto: Concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...