HomeMovementos sociaisA Pobra do Brollón celebra o 'Día do Orgullo' con Cinema e...

A Pobra do Brollón celebra o ‘Día do Orgullo’ con Cinema e Foliada

Estas actividades están enmarcadas nas xornadas 'Terras Diversas', que se desenvolverán nos concellos da Pobra do Brollón e Monforte de Lemos os días 30 de xuño e 1 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón colabora con Sete Outeiros para reivindicar no municipio o Día do Orgullo LGTBI+ no marco das xornadas Terras Diversas, que se desenvolverán este venres 30 de xuño e o sábado 1 de xullo na Pobra do Brollón e Monforte de Lemos, respectivamente.

Na Pobra do Brollón terán lugar este venres dúas interesantes actividades. A primeira delas será a proxección da película Alex e Munchie: Contra o cisheteropatriarcado ás 20:30 h. que contará cunha presentación previa a cargo das súas directoras Xàcia Ceive e Carmen PG Granxeiro.

O filme, de ficción documental, conta a historia dunha traballadora sexual e dunha aspirante a directora de cine que exploran o que significa representar vidas trans, ‘queer’ e lésbicas no arte.  

E a segunda das actividades para reivindicar o ‘Día do Orgullo’ será un obradoiro de baile tradicional e unha foliada. Ás 22:00h comezará o obradoiro, que será impartido por Ruth Pérez, e de seguido, Foliada Quir. O concello convida á participación e lembra que as actividades son de balde.

OUTRAS ACTIVIDADES DA AXENDA CULTURAL PARA A FINDE

O sábado 1 de xullo, o concerto de Catuxa Salom inaugura o ciclo Novas Músicas Galegas. A súa potente fusión de música galega e ritmos tribais latinoamericanos escoitarase na Praza da Condesa ás 23:00 h, no casco histórico da Pobra do Brollón.

O domingo 2, a película de animación Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, dará continuidade ao Ciclo Mestre Mateo. A proxección será ás 19:00 h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

ACTIVIDADES EN MONFORTE

Serán o 1 de xullo e anúncianse como ‘maniFESTAçom’. Ás 20:00 h. está programada unha manifestación, con saída da Praza de San Antón, e ás 22:00 h. unha festa na Cervexería Mulligans. Neste local pinchará música a Riquinha DJ.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...