HomeMovementos sociaisConcentración de protesta polo recorte dun profesor no CEIP de San Clodio

Concentración de protesta polo recorte dun profesor no CEIP de San Clodio

Foi o pasado venres, 16 de agosto, ás 19:00 h. e diante do edificio escolar. Unhas 100 persoas participaron na mobilización, entre elas algunhas autoridades políticas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a convocatoria realizada pola Anpa do CEIP de San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, o pasado 16 de agosto achegáronse á mobilización de protesta unhas cen persoas, a maioría delas familias con nenos e nenas escolarizadas neste centro de ensino.

O motivo da concentración foi amosar o descontento coa medida da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de agrupar o vindeiro curso a alumnado de diferentes idades en só dúas aulas, acción de recorte que supón quedar cun profesor menos no devandito CEIP.

Segundo a Anpa, nunha aula estarán os de primero, segundo e terceiro de Primaria, e noutra os de cuarto, quinto e sexto. Este mesmo colectivo avanza que farán máis mobilizacións en caso de que non se atendan as súas demandas.

Esta queixa pública súmase á realizada ante a Xefatura Territorial de Educación sen, polo que sabe este medio, houbese resposta ás peticións trasladadas polo colectivo escolar do CEIP de San Clodio.

Grupo de xente que participou na protesta polo recorte dun profesor no CEIP de San Clodio. Foto: Casares está vivo.

Ademais da veciñanza, familias e alumnado do centro afectado, participaron na concentración de protesta polo recorte dun mestre: o Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela; concelleiros do seu equipo de Goberno; o concelleiro de Quiroga, Xosé Manuel Fernández; e o deputado do BNG por Lugo, Iago Suárez.

Como curiosidade salientar a chegada dun grupo de nenos e nenas de Casares, aldea que non conta con ningún escolarizado a día de hoxe, para participar na protesta con varias pancartas de apoio. Estaban de vacacións no lugar e sumáronse á causa.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...