HomeMovementos sociaisCarreira e Andaina contra o Cancro en Monforte

Carreira e Andaina contra o Cancro en Monforte

Será o 15 de setembro e está organizada pola delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro. Contará cun circuíto urbano de 5 quilómetros polas rúas da capital da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López, participou hoxe na presentación da terceira edición da Carreira e Andaina, Monforte en Marcha contra o Cancro que a delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro organiza en Monforte. O evento deportivo celebrarase o domingo 15 de setembro ás 12 do mediodía nun circuíto urbano en Monforte, cun percorrido de 5 quilómetros que terá saída e chegada na Praza da Compañía.

Na presentación, Margarita López estivo acompañada pola Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, María Luz Abella e representantes da Xunta de Galicia en Lugo. Tamén acudiron a esta rolda de prensa os Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán, e a concelleira de Consumo, Regina López.

COLABORACIÓN DO CONCELLO

A concelleira Margarita López explicou que o Equipo de Goberno colabora activamente coa Asociación contra o Cancro. Por unha banda, no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tamén tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local, e por outra facilitando o servizo de ambulancia e colocando as vallas necesarias para delimitar o circuíto.

A Policía Local colaborará no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorra a carreira, velando tamén pola seguridade dos e das participantes. Neste senso, a carreira implica o corte de vías de comunicación da cidade polas que transcorrerá a carreira: Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma, cortes que serán levados a cabo pola policia municipal.

INSCRICIÓNS

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 12 de setembro e pode facerse de xeito online na web da organización ou no local da asociación.

O prezo para a inscrición, que inclúe camiseta, é de 10€, e todos os fondos recadados irán destinados a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as súas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030.

Esta carreira popular e urbana, é de carácter benéfico contará con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...