HomeMovementos sociaisA Federación de Asociacións da RS láiase da falta de transparencia da...

A Federación de Asociacións da RS láiase da falta de transparencia da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Repróchanlle á Xunta que entregara a documentación completa ao Ministerio de Cultura e que este expediente fora xa enviado ao Centro de Patrimonio Mundial sen terlle facilitado antes información e/ou documentación ás asociacións do territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A FEARS, Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, valora negativamente que a candidatura da Ribeira Sacra fora presentada en FITUR antes de tela dado a coñecer no territorio amparado. E censura os movementos da Xunta de Galicia ao ter xa entregada a documentación completa ao Ministerio de Cultura e o expediente enviado ao Centro de Patrimonio Mundial sen antes facilitala –para a súa información e valoración– ás asociacións que participaron nalgún dos encontros promovidos o ano pasado para divulgar o proceso da candidatura.

“Que non coñezamos a documentación significa tamén que non podemos avaliar se quedaron recollidas as suxestións realizadas polas asociacións que participaron nas xuntanzas impulsadas o ano pasado, amosando que non hai vontade real de ter un intercambio de pareceres coa cidadanía. De feito, en todo o proceso partiuse do feito de que a orientación da candidatura en canto a extensión e foco (paisaxes da auga) non se podía cuestionar, era unha decisión unilateral da Xunta de Galicia”, comentan dende a federación de entidades.

Así mesmo, engaden que “ao non coñecermos a documentación, non podemos avaliar o rigor científico da candidatura, mais a teor das notas de prensa difundidas, semella que trata de integrar moi diversos aspectos para buscar unha unidade ao redor das ‘paisaxes da auga’ facendo malabares para integrar os encoros do Franquismo no concepto de paisaxe con valor único e universal”.

I Encontro de asociacións. Foto: FEARS

Dende o colectivo consideran tamén que nese tipo de procesos “hai moito máis de política que de ciencia” e neste senso lembran que o propio Alcalde de Madrid sinalou na presentación da candidatura “que se retirou a anterior candidatura da Ribeira Sacra a PM para que puidese ir en primeiro lugar, como candidatura do Reino de España, a candidatura de Madrid-Paseo de la Luz”.

Finalmente, critican a falta de plans para controlar o aumento da demanda turística, cuestionan o apoio á candidatura no territorio porque entenden que a participación da sociedade e do tecido asociativo foi moi escasa, e alertan de que a xente non sabe aínda “como vai contribuír a candidatura a solucionar os problemas estruturais da zona a nivel sanitario, medioambiental ou económico”.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...