HomeMovementos sociaisXornada sobre voluntariado no IES Daviña Rey

Xornada sobre voluntariado no IES Daviña Rey

Foi o pasado 5 de decembro con motivo do 'Día Internacional do Voluntariado' e contou coa presenza das seguintes entidades: Albores Saúde Mental, Asociación Española contra o Cancro, Cáritas, Prodeme e Miau de Lemos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O IES Daviña Rey de Monforte foi o anfitrión dunha interesante e divulgativa xornada sobre o voluntariado á que acudiron representantes de varias entidades do terceiro sector que traballan na Comarca de Lemos.

O obxectivo central do acto foi introducir ao alumnado de secundaria e dos ciclos formativos no coñecemento e aspectos claves da Lei 45/2015 de Voluntariado para poder coñecer os dereitos e deberes das persoas voluntarias, así como tamén as oportunidades que se presentan na contorna para poder axudar en causas sociais.

Na mesa de ponentes estiveron representadas varias asociacións que están a traballar en distintos ámbitos da acción voluntaria, desde o sociosanitario ata o deportivo, o animalista e o ambiental. As entidades presentes foron: Albores Saúde Mental, Asociación Española contra o Cancro, Cáritas, Prodeme e Miau de Lemos.

No transcurso da xornada houbo unha mesa redonda con testemuños de persoas voluntarias que compartiron co alumnado a súa experiencia de vida, o cal resultou moi inspirador para todos os asistentes.

Mesa redonda cos representantes das entidades participantes. Foto: IES Daviña Rey.

Dende o IES Daviña Rey afirman que este tipo de iniciativas “demostran a aposta do centro por unha educación aliñada cos obxectivos de desenvolvemento sostible e polo compromiso e participación social do alumnado”.

Dende Prodeme, unha das asociacións participantes, sinalaban que “defendemos un modelo de voluntariado basado no acompañamento, no deporte inclusivo e na creación de espazos onde todas as persoas poidan desenvolver as súas capacidades. Compartir estas experiencias co alumnado é unha oportunidade extraordinaria para sementar compromiso, responsabilidade e solidariedade entre as xeracións máis novas”.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...