HomeMovementos sociais'Marcha lenta' duns 100 coches para esixir o arranxo da N-540

‘Marcha lenta’ duns 100 coches para esixir o arranxo da N-540

A protesta, impulsada por veciños e veciñas da comarca, tivo lugar o pasado sábado e transcorreu entre Chantada e A Barrela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 14 de marzo, houbo unha nova acción de protesta para reclamar o arranxo da N-540. Nesta ocasión formouse unha caravana dun cento de vehículos entre Chantada e A Barrela, nun percorrido duns dez quilómetros, para facer máis visible a reivindicación da veciñanza. A marcha saiu ás 11 do Mercado Gandeiro de Chantada e chegou sobre as 12 á Barrela, ao Hotel Río Búbal.

Participantes na acción de protesta coa pancarta. Foto: Asoc. CCA Ribeira Sacra.

A convocatoria foi feita a nivel particular, por un grupo de veciños da comarca, contou co apoio da Asociación de Empresarios de Chantada e nela participaron representantes políticos, como o Alcalde de Chantada.

No percorrido realizado polos vehículos participantes, que estiveron acompañados por algunhas unidades da policía local e da Garda Civil, non houbo ningún incidente. No remate do mesmo, xa no aparcamento do Hotel Río Búbal, os manifestantes despregaron unha pancarta na que destacaba o lema de “N-540 arranxo xa, por favor”.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...