HomeMovementos sociaisXornadas 'Resistencia Palestina' no Courel

Xornadas ‘Resistencia Palestina’ no Courel

Están organizadas polo colectivo 'Do Courel a Palestina' e realiaranse o 21 de marzo nas aldeas de Vilamor e Froxán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colectivo Do Courel a Palestina anuncia un acto de solidariedade con Palestina que terá lugar o vindeiro 21 de marzo para conmemorar o Día da Terra Palestina que se celebrará o 30 de marzo.

“Trátase dunha actividade aberta á veciñanza e ao público en xeral que busca xerar un espazo de encontro, reflexión e expresión cultural arredor da situación do pobo palestino, así como visibilizar iniciativas de solidariedade desde o territorio”, comentan dende a organización.

PROGRAMA

VILAMOR DO COUREL

16:30 h. Plantación de oliveira en Campoleirín, onde o palco da música. Despois, lectura de poemas e construción de barquiños con mensaxes simbólicas.

FROXÁN

18:00 h. Botadura no río Lor (Ata o mar).

19:00 h. Petisco na Casa da Aira con pratos típicos palestinos.

19:30 h. Palestra con Jaysh, Zaytoun e Mustautinin. Paula Bonaval, da Rede Galega pola Palestina, contaranos a súa experiencia como escudo humano na recollida de aceituna en Cisjordania.

De cara ao 9 de maio estase a preparar outra actividade mais aínda non ten pechado o programa a organización.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...