HomeMovementos sociaisA preocupación pola sanidade en Galicia, un tema menor para os 'vellos...

A preocupación pola sanidade en Galicia, un tema menor para os ‘vellos xornais’

Un 26% do espazo total das portadas da prensa en papel foi para a manifestación unionista española na Plaza de Colón de Madrid, contra tan só un 4% para a protesta en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública galega.

Publicado o

- Advertisement -

O espazo dedicado a unha manifestación e outra no día de hoxe non deixa lugar a dúbidas do posicionamento ideolóxico dos vellos xornais: un 4% para a crise na sanidade galega e unha cuarta parte do espazo conxunto das cabeceiras para a manifestación convocada pola dereita (PP e Ciudadanos) e ultradereita (Vox), e secundada por grupos fascistas e neonazis (acudiron Falange Española de las JONS, Hogar Social e España 2000).

Unha convocatoria que resultou ser un fracaso, xa que só puideron congregar unhas 45.000 persoas -datos oficiais-, moi lonxe doutras masivas manifestacións que se teñen celebrado en Madrid ou en Barcelona en defensa dos dereitos civís, con centos de miles de participantes.

Para valorar como ‘minimizaron’ o problema da sanidade pública en Galicia os medios tradicionalistas nas súas cabeceiras de hoxe podedes seguir lendo en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...