HomeMovementos sociais'Polas Bravas', festival feminista referente na provincia de Lugo

‘Polas Bravas’, festival feminista referente na provincia de Lugo

Celébrase os días 5 e 6 de xuño en Chantada e contará na súa 4ª edición con figuras relevantes do panorama cultural e activista como Cristina Fallarás ou Gabriela Wiener.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A asociación feminista de Chantada ‘Polamiúda’ celebra os días 5 e 6 de xuño a cuarta edición do seu festival Polas Bravas con propostas culturais vangardistas “feitas por mulleres bravas galegas”. O evento conta coa colaboración do Concello de Chantada, a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o tecido empresarial e o pequeno comercio local. 

A programación do festival, “o primeiro feminista de toda a provincia” –afirman dende a entidade–, abrangue actividades de balde en clave feminista e para todos os públicos. Haberá música, poesía, performance, teatro, circo, charlas…

VENRES 5 DE XUÑO

O Festival Polas Bravas comezará o venres 5 de xuño ás 21.00 horas na Praza da Paz cun recital poético a cargo de Silvia Penas e despois seguiralle un concerto de Silvia Penide. Nesta sesión, a recoñecida actriz galega Arantza Villar –do grupo Chévere–, será a mestra de cerimonias.

A noite rematará coa artista Ruth Conde, ‘Ningún DJ’, recoñecida activista pola causa palestina e membra de Médicos sen Fronteiras.

SÁBADO 6 DE XUÑO

O programa do sábado arrincará no parque Eloísa Rivadulla ás 12.00 horas co coro infantil ‘Música na Escola’, proposta que cada ano consegue reunir máis pequenas e pequenos. A continuación haberá circo a cargo da laureada Marta Iglesias e o seu espectáculo ‘Cèst pas possible”, e de seguido será o momento do Coro de Mulleres Bravas (13.00 h). Este último colectivo musical é, en palabras da organización, “fundamental do festival ao xuntar tres xeracións de mulleres chantadinas arredor do canto coral e o feminismo”.

A xornada de mañá rematará coa pinchada musical das Chapamama, que dende ás 13.30 horas poñerán a bailar a todo o público na sesión vermú.

Anuncio actuación Instagram de ‘Festival Polas Bravas’

Xa pola tarde, tocaralle a quenda a La Nuestra –rede colectiva e testemuñal de apoio mútuo contra a violencia machista–, que desembarca en Chantada ás 16.00 horas para unirse co seu Festival Ambulante á celebración do Polas Bravas. Así, Cristina Fallarás intervirá coa súa charla ‘LLámala revolución’ na que celebra o papel deste movemento testemuñal na visibilización das violencias machistas. Tamén estarán neste encontro: Andrea Aldana, Lourdes Lucía e Gabriela Wiener. Esta última, escritora, activista, referente internacional da literatura autorreferencial e poeta; expoñerá ante o público un acto performativo.

O festival continuará ás 18.30 horas no Auditorio coa actuación teatral da enorme Brigitte Vasallo, que trae a súa peza Queixa [Roma ou Morte], dirixida por Gena Baamonde, directora artística da MIT de Ribadavia.

A música será protagonista novamente para o remate do festival. De volta ao parque Eloísa Rivadulla o público poderá gozar coas actuacións de Os Rascals (grupo local), Abril, Nadie Gonzalez, Amiga Fea e Señora DJ.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...