HomeMovementos sociaisAfiliados de CC.OO. na empresa de limpeza viaria de Monforte escollen aos...

Afiliados de CC.OO. na empresa de limpeza viaria de Monforte escollen aos negociadores do futuro convenio

Tras presentarse 8 ‘pre-candidatos’ tivo lugar este pasado luns unha asemblea e votación da cal saíron os 3 candidatos definitivos para as eleccións do mes de abril.

Publicado o

- Advertisement -

A empresa de limpeza viaria de Monforte, Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. -F.C.C- conta cunha plantilla de 39 traballadores, sendo ademais a que ten maior afiliación ao sindicato CC.OO. da zona sur ao contar con máis do 80% de militantes.

A asemblea e votación de afiliados/as de F.C.C. celebrouse o luns 18 de febreiro cunha participación do 100%, feito que Mario Docasar valora especialmente pois evidencia o gran apoio aos candidatos que deron un paso adiante para presentarse ás eleccións de abril e afrontar a futura negociación do convenio.

No local de CC. OO. de Monforte de Lemos. Foto: M.D.

Dos oito ‘pre-candidatos’ presentados, tras as votacións, tres foron os elixidos:

– Javier López Jordán, delegado actual, cun 76% de votos.

-Abel López Fernández, candidato novo, tamén cun 76% de votos.

-Javier Rey Rivero, tamén delegado na actualidade, cun 68% de votos.

A Secretaría de Acción Sindical agradecía a asistencia unánime de todos os afiliados e afiliadas quedando patente o compromiso dos traballadores para loitar proximamente por un mellor convenio e recuperar poder adquisitivo de cara á vindeira negociación.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...