HomeMovementos sociais'Día Europeo das Vítimas de Crimes de Odio'

‘Día Europeo das Vítimas de Crimes de Odio’

O Concello de Monforte súmase este mércores, 22 de xullo, á conmemoración deste día iluminando a Torre da Homenaxe de cor azul.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte súmase á campaña “A tolerancia apaga o odio 2026”, con motivo da conmemoración do Día Europeo das Vítimas de Crimes de Odio (22 de xullo), para lembrar ás vítimas do crime de odio terrorista de Oslo e Utoya, e á súa vez, de todas as vítimas da intolerancia criminal e os delitos de odio.

A campaña, que vén contando ano tras ano coa implicación de centenares de concellos, universidades, entidades sociais e outros organismos, consiste na iluminación en cor azul de enclaves significativos ou espazos de interese na noite do 22 de xullo. No caso de Monforte, iluminarase a Torre da Homenaxe, no Conxunto Monumental de San Vicente.

Esta iniciativa pretende, de maneira simbólica, “acender a luz da Tolerancia fronte ao Odio e lanzar unha mensaxe de unidade fronte á intolerancia”, explican dende o Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...