HomeMovementos sociaisOlalla García de FEMForte, "Queremos que a igualdade se faga real e...

Olalla García de FEMForte, “Queremos que a igualdade se faga real e efectiva”

O 9 de marzo constituíase en Monforte como asociación sen ánimo de lucro, FEMForte. A Asociación ten como finalidade a consecución do interese xeral a través da promoción da muller e da loita contra a discriminación por motivos de sexo e/ou xénero, e en consecuencia a defensa dos dereitos humanos.

Publicado o

- Advertisement -

FEMForte pretende promover o xurdimento dunha sociedade non patriarcal, na que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva, tanto no ámbito público coma privado, e non exista discriminación nin violencia por cuestión de sexo e/ou xénero das persoas que a conforman.

Falamos con Olalla García Mariño, vogal da Xunta Directiva. Como naceu a Asociación?

Na orixe, somos un grupo de mulleres unidas pola que agora é a presidenta, Leticia Vila Álvarez. Eu incorporeime a partir dunha manifestación e houbo xente que chegou a través de amigas. Iamos falando e tiñamos inquedanzas comúns. Cando comentei a posibilidade de crear unha asociación, elas xa o levaban falando moito tempo e puxémonos a elo.

Primeiros contactos de sintonía total?

A verdade é que si. Non me esperaba que xente tan diversa, tivesemos tantas cousas en común e que fose tan fácil pornos dacordo á hora de traballar xuntas neste proxecto.

FEMForte arrinca, con canta xente? Hai homes?

Somos 11 socias fundadoras. De momento todas mulleres, pero consideramos imprescindible que haxa homes.  Cremos necesario involucrar aos homes na loita pola igualdade, porque nos beneficia tanto a eles como a nós. Os homes máis concientes da situación real que vivimos as mulleres, son os que non coinciden coa masculinidade hexemónica. Aínda hai moito traballo por facer.

Quen queira ser socia/socio que ten que facer?

Estanse elaborando uns impresos, pero polo momento as persoas interesadas poden  dirixirse ao correo da asociación femfortedelemos@gmail.com e xa lles informamos.

Tedes algún local ou punto de encontro?

Cafeterías, a casa dalguén. Non está sinxelo ter un local no que poder reunirse. Pero esperamos ter noticias pronto. Temos prevista unha inauguración, pero os detalles aínda non os podo dar.

FEMForte / FEMForte

As 11 mulleres que forman en inicio FemForte como son? Que perfil tedes?

Somo moi diversas. Podería dicirche dunha media de idade de 30 e algo anos. Hai xente moi nova e mulleres máis maiores. Está moi ben porque cada unha aporta unha perspectiva diferente. Somos mulleres de letras e de ciencias, varias estamos relacionadas coas ciencias sociais, educadoras sociais, traballadoras sociais. Hai tamén traballadoras do fogar sen remuneración,… Cada unha temos a nosa particular circunstancia, é moi enriquecedor.

O fin último da Asociación, o voso principal obxectivo, cal é?

A igualdade de momento está só na lei. Xa aló polos anos 50, as feministas non españolas (as que vivían en países democráticos) se deron conta de que aínda que a lei lles recoñecía os mesmos dereitos, estes non se facían efectivos, non se levaban á práctica.. Iso pasou con outros colectivos, son discriminados e aínda que a lei recoñeza que todos temos os mesmos dereitos, realmente na práctica non é así. Queremos que a igualdade se faga real e efectiva.

E como se consegue isto?

É un longo traballo e é tarefa de todas e todos. Nós plantexamos a realización e colaboración na elaboración de estudos, diagnoses e Plans de Igualdade; desenvolver actuacións educativas e de sensibilización fomentando o debate, promover o diálogo e a colaboración entre todos os axentes implicados, promover o intercambio de experiencias con outras asociacións e a creación de instrumentos e formas asociativas que contribúan a mellorar en igualdade. Queremos que asociación sexa un espazo común no que integrar a todas as persoas interesadas no movemento feminista da zona e tamén queremos fomentar o emprego da linguaxe inclusiva e non sexista.

ÚLTIMAS

Manuel Diéguez incide na ‘seguridade e coidado do viñedo’ na presentación oficial da 50 edición da ‘Subida Automobilística a Chantada’

Na presentación da 50ª edición da Subida Automobilística a Chantada, o primeiro en falar...

Déixate guiar pola Pobra do Brollón este verán

As visitas vinculadas á arqueoloxía son o Castro de San Lourenzo de Cereixa, Penas...

200 persoas de 13 parroquias de Chantada participaron do programa Actívate no Rural

O Concello de Chantada a través da concellaría de Servizos Sociais organizou desde o...

Panorama e Combo Dominicano nas Festas de Quiroga

O Concello de Quiroga comeza a facer públicas as actuacións das súas festas de...