HomeMovementos sociaisNovos coeficientes redutores para adiantar a idade de xubilación no sector da...

Novos coeficientes redutores para adiantar a idade de xubilación no sector da pizarra

A recente resolución da Seguridade Social, tras petición un ano atrás de varias forzas sindicais, asigna e recoñece novos coeficientes redutores para diferentes categorías profesionais do sector da pizarra a ceo aberto.

Publicado o

- Advertisement -

O coeficiente redutor aplícase para rebaixar a idade ordinaria de xubilación en grupos profesionais incluídos no ámbito do Estatuto Mineiro para explotacións mineiras a ceo aberto e extracción de minerais entendendo que se trata de traballos tóxicos, penosos e con alto grado de perigosidade. No sector da pizarra, tan presente no sur de Lugo en concellos como Folgoso do Courel e Quiroga, tamén en Samos ou o Incio en menor medida, os traballadores levan tempo reivindicando, da man de Comisións Obreiras , a revisión de coeficientes que estaban xa obsoletos e a creación de novas categorías profesionais.

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. Lugo valora con gran entusiasmo e satisfacción a recente resolución da Seguridade Social de asignar e recoñecer novos coeficientes redutores para diferentes categorías do sector pizarreiro a ceo aberto e o recoñecemento de novas categorías tecnolóxicas. O sindicato lembra que esta resolución conseguiuse tras unha petición que lles fora trasladada hai algo máis dun ano, concretamente o 23 de marzo de 2018, e que beneficiará a moitos traballadores/as das canteiras de pizarra de Quiroga e Folgoso do Courel.

Unha boa nova para traballadores do sector da pizarra que supón a actualización á alza do coeficiente redutor para as seguintes categorías profesionais: gruistas, embaladores, carretilleiros, encargados de naves, canteira e talleres, mecánicos e electricistas. Todos os traballadores destas categorías, así como tamén os axudantes das mesmas, pasan a ter un coeficiente redutor do 0,10, o que significa que verán anticipada a idade de xubilación nun ano por cada dez traballados. Ata a resolución comentada o coeficiente era do 0,05.

Outra boa nova da decisión da Seguridade Social é que se recoñecen como novas categorías tecnolóxicas as seguintes: controlador de calidade, operador de corte e operador de voadura. Os traballadores destas categorías e os seus axudantes gozarán tamén do coeficiente reductor anterior, o 0,10.

Os titulados medios e superiores: enxeñeiros, topógrafos e xeólogos, seguirán rexéndose polo coeficiente do 0,05.

Mario Docasar, Secretario de Acción Sindical de CC.OO., lembra que eran moitos os traballadores/as das pizarreiras que levaban anos solicitando esta revisión e agora xa se pode dicir que se conseguiu, e que ademais terá carácter retroactivo aplicándose así no cómputo de todos os anos que se leven traballados no sector.

Segundo cifra tamén Docasar, a resolución da Seguridade Social favorecerá a máis de 300 traballadores/as en activo pero tamén a moitos parados/as do sector que non se poden cuantificar.

Dende o sindicato agradecen a boa disposición tanto do Ministerio de Traballo como do Director Xeral de Minas da Xunta de Galicia para alcanzar esta mellora laboral.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...