HomeOpiniónOs Sequeiros na Pobra do Brollón, segundo os nenos

Os Sequeiros na Pobra do Brollón, segundo os nenos

Afondamos nos sequeiros da Pobra do Brollón da man do traballo que os nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP A Pobra do Brollón, realizaron para a revista municipal A Auga do Mollón.

Publicado o

POR
Nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP A Pobra do Brollón, traballo para a revista municipal A Auga do Mollón.
- Advertisement -

Este curso traballamos sobre a etnografía no noso concello ollar atrás e coñecer parte da nosa historia. Achegámonos aos Sequeiros e á importancia que tiveron na vida dos nosos antepasados, así como o valor e aproveitamento do castiñeiro e a castaña. No noso concello hai dous conxuntos etnográficos que revelan a abundancia de soutos noutros tempos e o protagonismo da castaña na vida das persoas.

Fomos de excursión a Paramedela. Acompañounos Felipe, promotor da restauración do souto de Paramedela e do sequeiro, ao que lle agradecemos moito o seu tempo e a información que nos aportou. Hai tempo, contounos, que as familias pasaban arredor dos soutos uns 5 ou 6 meses. O castiñeiro é das árbores máis xenerosas e temos moitos motivos para aprecialos: a madeira desta árbore é moi apreciada para mobles, construcións como vigas, táboas para o chan, portas… As pólas máis pequenas sérvennos para o lume. Non dá moita calor, é ideal para facer o lume nos Sequeiros para secar as castañas e o seu froito é a castaña, que foi un alimento básico na vida dos galegos ata o S. XVII no que o consumo da castaña foi substituído pola pataca chegada de América. É unha árbore doméstica, é dicir, precisa coidados. Isto é o que facían os nosos antepasados, por iso abundaban estas árbores. É moi importante manter os soutos limpos de maleza, e facer as podas cada ano. Por iso no momento que as persoas deixaron de precisalos como medios de vida e os abandonaron pouco a pouco estas árbores ían morrendo ou enfermando. O castiñeiro existiu sempre en Gallicia, algúns din que o trouxeron os romanos pero xa existía antes; o que fixeron eles foi sacarlle proveito.

O souto de Paramedela é un souto restaurado. Estaba a piques de morrer, pois foi quedando abandonado. Os castiñeiros aquí teñen todos unha plaquiña identificativa como un DNI. Así, se enferma un rexístrase e estúda- se para coidalo. Explicounos que a xente conservaba as castañas dous ou tres meses semiverdes ao gardalas nas ouriceiras (construcións circulares de muros pe- quenos nas que botaban os ourizos, cubríndoos con xestas, fentos…).

Outra maneira de conservalas é a través dos sequeiros. Tivemos a sorte de descubrir de preto a súa estrutura: ten dúas partes. Na parte de abaixo préndese o lume, e na parte de arriba, chamada caniceira (conxunto de ri- pias, que son cada unha das táboas de castiñeiro, separadas lixeiramente) é onde se colocan as castañas. Coa calor e co fume van secando durante uns 15 ou 20 días. Así aguantan durante moito tempo.

Sequeiros do Mazo / Concello da Pobra do Brollón

Outro conxunto etnográfico compóñeno os sequeiros e cabanas do mazo. Neste caso agradecemos a Natalia a información que nos aportou na súa visita ao colexio.

Os Sequeiros do Mazo están situados a un km e medio da aldea de O Mazo de Santigoso, pois este foi o poboado orixinal. Os Sequeiros primeiramente foron as vivendas da orixinal poboación do Mazo, antes de que esta fose trasladada ao seu emprazamento actual. Hai 12 sequeiros e 9 cortes, dos que, a día de hoxe, algúns atópanse en estado ruinoso.

Os Sequeiros eran construcións típicas da zona, que constaban de dúas plantas: unha planta baixa, na que se facía o lume que recibe o nome de “remoleiro”, que nos valería para secar as castañas e, na parte alta (chamada caniceira), situábanse as castañas para ser secadas. Cada quenda de secado, denominábase “canizada”. En cada “canizada” secábanse uns 76 quilos de castañas. En cada sequeiro, podíanse facer dúas ou tres canizadas durante o castañal, segundo a produción de castañas desta temporada.

A Auga do Mollón

A madeira que se usaba para o secado eran o carballo e o castiñeiro, por ser madeiras de combustión lenta que non abrasaban as castañas, permitindo un secado lento. Cada canizada duraba de 20 a 25 días, durante os cales o encargado do secado das castañas tiña que durmir no sequeiro, para evitar que, durante a noite, se apagase o lume, o que provocaría que, coas xeadas e as baixas temperaturas nocturnas, as castañas recruasen. Ao mazo chegaban veciños doutros lugares próximos, como o Carballal, Parada, etc. para a recolecta e secado do produto.

As cabanas do Mazo era onde se gardaban as cabras e ovellas dos veciños do lugar. Este gando pastaba durante todo o ano no Souto do lugar, excepto durante a temporada do castañal, que lle chamaban “coutado” en que o gan- do non podía acceder o Souto e era conducido á serra (monte veciñal en man común). Un pastor encargábase do gando de todos os veciños, por quendas, semanalmente.

ÚLTIMAS

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...

A Xudaría de Monforte en La2 este 13 de outubro ás 12:00h

A presenza do Concello de Monforte neste documental, que supón unha importante acción promocional,...