Día 5 de corentena: Armando, Concha e Miguel Ángel

Tres maiores da residencia de Foz contan como viven o encerro: pesa a reclusión, o illamento dos seres queridos e o medo por eles e polos seus, pero malia todo miran para diante.

Armando, Concha e Miguel. AXM

Os xornalistas que traballamos habitualmente desde a casa, máis os que vivimos nunha aldea e non vemos as vilas desertas máis que nas fotos, temos unha consciencia leve da corentena. Cunha emerxencia sanitaria deste calibre acumúlase o traballo, que absorbe tanto que ás veces temos que lembrarnos de ducharnos, quitar o pixama, comer algo.

Desde a residencia de Foz facilítanme conversar con tres usuarios do servizo para saber como viven o encerro sen poder recibir as visitas das súas familias, sendo conscientes ademais que son desa parte da sociedade con maior vulnerabilidade ante o coronavirus. Agradézoo, a conversa racha coas outras do día, máis formais e máis frías. Teño ao teléfono a Miguel ÁngelConcha e Armando.

Sigue o Diario de Corentena no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here