Diario de corentena: pedra, papel ou tesoira

Coma o coronavirus, a estupidez non entende de fronteiras; aquí acabamos co papel hixiénico e en EE UU deulles por baleirar as armerías desde que se lles anunciou a corentena.

Compra de armas en Estados Unidos. GETTY IMAGES / MARIO TAMA

Aquí e agora, neste tempo de incerteza pandémica, a moita xente deulle por mercar papel hixiénico. Unha decisión coma outra calquera, pero cunhas consecuencias moito máis inofensivas que as que adoitan provocar as armas de fogo. Non obstante, entre a pedra, o papel ou a tesoira eu decántome por esta última co ánimo de rachar coas políticas privatizadoras do actual Goberno da Xunta dunha vez por todas. Pero se este pensamento meu vos parece vehemente de máis, gustaríame reivindicar unha opción alternativa á do papel hixiénico: o bidé. Segue o Diario de corentena no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here