InicioOpiniónDiario da desescalada: para quen e por que tocamos música?

Diario da desescalada: para quen e por que tocamos música?

Tamara Lorenzo, pianista residente en Alemaña, conta como viviu a experiencia do primeiro concerto post-coronavirus e a perspectiva dos traballadores da música ante a crise

Publicado o

POR
Ramón González Rey
- Advertisement -

Despois do primeiro brote do coronavirus, de meses de anguria e de corentena, a desescalada trouxo de volta os paseos ao aire libre, os encontros, as cervexas nas terrazas dos bares ou as comidas en familia. Todas actividades polas que deveciamos despois de meses de confinamento. Tamén trouxo de volta a música, que nunca marchara, pero que durante a reclusión reivindicou quizais máis ca nunca a súa importancia nas nosas vidas, a súa capacidade para emocionarnos e para recoñecer os nosos sentimentos e emocións nos sons que interpretan outras persoas.

Tamara Lorenzo Gabeiras, natural de Ortigueira pero que viviu boa parte da súa vida na Mariña Lucense, na vila de San Cibrao, exerce como pianista no Teatro de Meiningen(Meiningen Staatstheater), en Alemaña. Estes días cóntame que regresará aos concertos dun xeito un tanto especial, virtual. Pregúntolle se falamos á volta do recital para que comparta a súa experiencia, a da emoción dunha música que volve ao oficio.

Cando comezaches a ter novas do coronavirus e da súa importancia en Alemaña?

As primeiras noticias colleronme no medio dunha “desintoxicacion cibernética”. Así que, ao non usar as redes sociais, non ler as noticias en internet e non ter tele (só radio en alemán…) non me enterei moito da gravidade da situación. Chegoume ao inicio de oídas por medio dos meus companeiros, ata que comezaron os rumores de que poderia pechar o teatro ao público e afectou á estrea prevista para o 27 de marzo da ópera na que estaba traballando. A incerteza de se poderiamos seguir ou non e o pánico con que o vivian os meus companeiros (continuamente mirando as estatísticas do Robert Koch institute) fíxome pouco a pouco caer na conta de que tranquilizarme pensando que era unha gripe mais xa non era un argumento crible. O Diario da desescalada no Xornal da Mariña.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...