HomeOpiniónA ignorancia convencida de que non existe

A ignorancia convencida de que non existe

O desmerecemento lévanos a peregrinar ao longo da nosa vida por un camiño de ilusións e desexos, truncados tarde ou cedo, buscando ese merecemento que non recibimos de pequenos. Lévanos a envorcarnos naqueles que, en certa medida dannos aprecio, interesado ou non. Pero o paradoxo está en que cando recibimos o aprecio ansiado, inconscientemente, onde está profundamente arraigado o desmerecemento, rexeitámolo.

Publicado o

POR
Manuel Díaz, Mestre Reiki
- Advertisement -


“Un dos males da humanidade que leva séculos perpetuándose e que agora grazas ás redes sociais estourou con brutal virulencia, é a ignorancia convencida de que non existe” A ignorancia convencida de que non existe é a que topenea contra todo aquilo que descoñece por non aparecer como ignorante. É capaz de matar ao mensaxeiro antes de que poida expoñer a súa mensaxe.

Así vemos exemplos en todas as facetas da vida. Nas redes sociais vémolo a diario, mais ben a todas horas, persoas que se aferran a dogmas de diversa índole, atacan inmiseridordes a todo aquel que se saia deses dogmas. En política vemos como os que detentan algo de poder, son incapaces de deixarse asesorar naqueles temas que descoñecen, coas consecuencias que en demasiadas ocasións iso carrexa en forma de custosas meteduras de pata que ao final son cargadas á conta da caixa pública, ou sexa, que os erros debidos á ignorancia convencida de que non existe dos que manexan as rendas do público pagámolos todos.

Redes sociais / elcolombiano.com

O normal sería cando a un están a contarlle algo que descoñece, escoitar a explicación e despois en base a un criterio propio formado desde a observación sen condicionamentos, opinar sobre o asunto, ou non. Pero vemos no día a día como os ignorantes convencidos de que a súa ignorancia non existe, negan a realidade do que descoñecen, chegando mesmo a defender posturas intransixentes cara a persoa que tenta explicarlles aquilo que descoñecen, de maneira que “matan ao mensaxeiro” antes de que este poida expoñer a súa mensaxe.

O desmerecemento

Pero, que fai que a persoa que ignora algo non queira pasar por ignorante, polo menos respecto ao tema que ignora? …que se enfanda con quen lle está tentando explicar aquilo que ignora? Deberiamos remontarnos á infancia para atopar unha resposta. Aqueles que son desprezados de pequenos, por diferentes causas ou motivos, estáselles inculcando o desmerecemento. A nivel familiar vemos como o desmerecemento xerou as frustracións nos pais, os que á súa vez xeran condicionamentos e frustracións nos fillos. Ollo, os pais non son culpables dos condicionamentos dos seus fillos, eles son vítimas das súas propias frustracións.

Seguro que tedes escoitado as típicas comparacións, sobre todo se tedes irmáns. “O teu irmán faio mellor ca ti” “Mira a túa amiga que notas saca, mellores ca ti” “a ver se aprendes de….” E así un longo etcétera que vai minando a vontade do neno xerándolle un desmerecemento que non só acompañaralle toda a súa vida, se non que será a causa de todos os seus males sicolóxicos.

Home sentando / revistamision.com

O desmerecemento lévanos a peregrinar ao longo da nosa vida por un camiño de ilusións e desexos, truncados tarde ou cedo, buscando ese merecemento que non recibimos de pequenos. Lévanos a envorcarnos naqueles que, en certa medida dannos aprecio, interesado ou non. Pero o paradoxo está en que cando recibimos o aprecio ansiado, incoscientemente, onde está profundamente arraigado o desmerecemento, rexeitámolo. Esa busqueda do merecemento pódenos levar a converternos en escravos da primeira persoa que apareza na nosa vida dandonos a palmadiña nas costas, dándonos o merecemento que ansiamos, exaltando o noso ego, volvéndonos submisos a esa persoa por non perder iso que cremos aprecio, pero que nos condena a deixar de ser nós para converternos no que a outra persoa queira.

A ignorancia convencida de que non existe é unha das consecuencias do desmerecemento

Doutra banda tamén o desmerecemento pódenos converter en explotadores doutras persoas tamén con desmerecemento, pero cunha falta de autoestima maior que a nosa, chegando a extremos de violencia verbal e mesmo física. Vivímolo nestes meses onde saír á rúa supoñía un ataque directo á saúde de todos. Ou ir sen máscara é atentar contra a saúde dos demais. Iso é o que conseguiu esta pandemia, exaltar os egos e deixar entrever o desmerecemento nunha maioría da poboación, atacando a todo aquel que se sae da norma oficial. Non necesariamente o desmerecemento móstrase das dúas anteriores maneiras, dominado ou dominante.

Persoas co desmerecemento inculcado desde a infancia, necesitados de sentirse alguén (lembra a infancia, onde te comparaban con outros supostamente mellores ca ti) necesitan exaltar o seu ego, e se non conseguen o aprecio dos demais, polo que fan, entón pasaranse a vida atacando a cantos crean que gozan do merecemento que ansía. Neste caso é o sentimento de envexa o que lles move, pero non para mellorar eles mesmos, senón para tentar derrubar a aqueles aos que envexa. Cando unha persoa di “con todo o que fixen polos demais e mira como mo pagan” é porque o seu desmerecmento lévaa a envorcarse en axudar aos demais a cambio do algo que lles faga sentir apreciados pero que non chega. Aquí tamén intervén o subconsciente onde, lembramos, está ancorado o desmerecemento. Por tanto, a ignorancia convencida de que non existe é unha das consecuencias do desmerecemento. Por suposto hai fórmulas e ferramentas para ir eliminando o desmerecemento do noso subconsciente, pero iso é tema para outro artigo.

ÚLTIMAS

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...

Experiencia INCIBE aberta ao público no pabillón do IES A Pinguela, os días 4 e 5 de outubro

Con esta actividade, o Instituto Nacional de Ciberseguridade pretende acercar ó alumnado do IES...