HomeOpiniónO medo e os pobos sometidos: o engano

O medo e os pobos sometidos: o engano

O engano non é de agora, non vos enganedes, o engano é ancestral. Non, o engano non é só que nos digan que estamos nunha pandemia, cuxa definición foi cambiada no 2009 por verbigracia da sacrosanta OMS. A orixe da palabra pandemia é do grego, e significa “reunión do pobo”.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares
- Advertisement -

Agora pandemia é “dispersión do pobo”. O engano non é só que nos falen unicamente de contaxios detectados mediante unhas probas de moi baixa eficiencia, omitindo o número de ingresados e de falecidos recoñecidos co bicho, ademais de non existir ningún test específico para un virus que, ao parecer ataca de noite.

Tampouco é (que tamén) que por primeira vez na historia da medicina moderna encérrese aos sans e impídese unha correcta respiración (osixenación) a toda a poboación. Tampouco se trata do engano da transición española, nin do referendo baixo coacción da constitución redactada á medida da continuidade dos que manexaban os designios deste país. O engano afunde as súas raíces case nas orixes dos tempos. Un engano perpetrado durante séculos, milenios, para manter ao ser humano afastado da súa autenticidade. Un engano mantido mediante o medo, o medo a seres todopoderosos, o medo para ser queimado na fogueira. O medo sempre foi o mellor aliado para manter aos Pobos sometidos, enganados. Os reis o eran pola graza dun Deus omnipresente, un Deus que premia e castiga, convenientemente exaltado por quen vive do medo, do engano. O engano foi manter durante séculos aos Pobos medorentos, obedientes e submisos.

É incrible que en pleno século XXI, na era da globalización, do coñecemento ao alcance de todos en calquera parte do Planeta, os Pobos sigan sendo sometidos mediante o medo, perpetrando o engano secular. O engano conseguiu xerarnos a dependencia doutros, do señor feudal, do párroco, de pai estado… O engano converteunos en fieis lacaios do poder establecido, antes pola graza dese Deus omnipresente, e agora nós mesmos poñemos a eses gobernantes que miran máis para eles mesmos que para o Pobo ao que xuraron servir.

sometemento / elfactorpersoma.com

Xa hai séculos, algún que outro milenio, fixéronnos crer que non eramos capaces de valernos por nós mesmos. As igrexas organizadas aproveitáronse da necesidade humana de crer nalgo superior, pero esas mesmas igrexas non se preocuparon de liberar aos seus fieis. Máis ben ocupáronse de mantelos na ignorancia. “Buscamos escapar do presente porque o pasado atorméntanos e ansiamos un futuro mellor. Mentres iso facemos perdémonos o presente, que é o único que temos.” Zahid Shera. Ansiar un futuro mellor é o que nos prometeron, iso si, baixo as súas condicións, onde por suposto non entraba liberarnos. Inculcáronnos ideoloxías para manternos durmidos no engano.

O dominio das ideoloxías

As persoas con ideoloxías son repetitivas, teñen impregnado o automatismo da ideoloxía e domínaas, por iso danse reaccións e non respostas: escravos da ideoloxía. As ideoloxías non son naturais, non naciches con elas, se a tes é un agregado da túa mente. Todas as ideoloxías organizadas escravizan ao ser humano ao coartar a súa liberdade de pensamento. Na historia sobran os exemplos de como ideoloxías de diferentes e mesmo opostas bases, só serviron para engrandecer a uns poucos e escravizar aos pobos. Os maiores crimes que cometeu a humanidade sempre foron no nome de ideoloxías.

Sempre se nos dixo que debemos seguir “o camiño”, o camiño do ben, o camiño cara á virtude, cara á perfección, o camiño do coñecemento…que cada un de nós ten “o seu camiño”. Que hai que levantarse cando tropezas e seguir adiante….adiante? cara a onde? Quen o sabe? E eu digo que non hai camiño, que non hai que buscar en ningures. O camiño e a esperanza de seguir cara adiante mantéñennos á marxe da nosa verdadeira identidade, non son mais que distraccións dunha realidade bastante mais próxima do que pensamos ou nos queren facer pensar.

O que buscamos XA está, a liberación é en nós, estamos a escapar dela buscándoa, que paradoxo. Por que os “guías espirituais” non nos contan isto? Xa estamos no que SOMOS, e SOMOS o SER, o AMOR; a TOTALIDADE. É en nós, só necesitamos quitarnos de enriba os veos que nos impiden ser conscientes diso. A sabedoría liberadora acontece no momento no que deixamos de ser aquilo que nos inculcaron, no momento no que eliminamos os condicionamentos sociais limitantes nosa autenticidade xorde en todo o seu esplendor. Iso é o que non queren os que manteñen o engano. A sociedade non nos quere libres. Unha persoa libre non se deixa someter.

Non te creas nada do que acabas de ler. Explora por ti mesmo, busca a verdade desde a observación libre de condicionamentos e, sobre todo, respira e flúe.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...