HomeOpinión“Hola, cabrones”

“Hola, cabrones”

Váisenos o Toño. A unha xubilación merecida. O mundo segue. Tamén na hostalería. Mais hai quen deixa pegada imborrable e sempre estará na nosa memoria. O Toño é un deles.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Ou “cabronazos” ou “cabroncetillos”. Así nos recibiu toda a vida o Toño na cafetería Mar. Aínda que pareza o contrario, era todo un sinal de aprecio. Agora xubílase máis que merecidamente. No peor momento para a hostalería. A maldita pandemia impide despedilo pola porta grande, pola que merece. Logo de 31 anos detrás desa barra –aturando cafarnaxes e sopletes- tócalle descansar e, sobre todo, desfrutar. Desta si que non sei se me vou repoñer. Aínda non o creo. Só consola saber que agora estará destoutro lado da barra.

Nestes tempos de ausencia de privacidade, cando todo o que facemos só cobra sentido se somos quen de compartilo nas redes, reconforta saber que todas as troulas que vivimos coa tolerancia do Toño quedarán sempre entre el e nós. Por onde empezar? Por onde acabar? Foron miles de horas as que pasamos con el. As que el nos aturou. Nunca unha mala palabra, nunca un mal xesto…bueno, algunha si pero máis que merecida. 

A nosa xeración coñeceu ó Toño cando traballaba no Benifer. Aínda estou vendo o Ford Fiesta verde alí aparcado. Tapas de orella e viño branco da casa. Partidas de escoba, billar americano e Larios con tónica para os que eran xa maiores. Foi quen nos atendeu na entrada e saída da adolescencia. Do Benifer pasou ao Mar. E alá nos fomos con el. 

A camisa branca e o pantalón negro foron o seu sinal de identidade durante anos e anos ata que xa decidiu cambiar a indumentaria. Como tamén era sinal de identidade aquel Opel  vermello que se converteu en patrimonio popular. En dez anos que llo pedín, nunca me preguntou nin para que nin onde ía. “Toma as chaves e non me digas nada”. Así se portou sempre con todos. 

Toño

Se eu estaba no Instituto cando empecei a ir ao seu lugar de traballo e agora, con 45 anos case feitos, sigo indo…algo bo terá o Toño.

Mención aparte merece a “Cueva”. O soto do bar onde se xogaron partidas de cartas, billar e futbolín que nalgunha ocasión empezaban xusto despois da hora de xantar e remataban xusto antes da de almorzar. Incluso houbo unha temporada que aquelo era un pequeno cine de películas en VHS. 

“Cerrallo”, “rebullón”, “costilleta”,…

Un rasgo que define, na miña opinión, os grandes profesionais é a capacidade de crear unha linguaxe propia. Que os identifica e que, sendo só deles, todos os demais comprenden. Un “cerrallo” era un descafeinado, unha “costilleta” un viño branco, un “rebullón” pepsi con ron ou un “trebilloque” un gin tonic. Ou a muller e as fillas -Celsa, Mayte e Miriam, que tamén son parte da historia- eran cariñosamente “as peluquiñas”. O “golpiño de xente” era cando se enchía o bar e “hai poucos señores” cando non. “Cantas tomaches? Tomei cinco. Paga tres que os da cerveza están millonarios”. Quen fala hoxe así?? E eso era cando non había un peso. E foron moitos os días en que non había un peso…E de fiar xa nin lles conto: se cobrara intereses de demora sería hoxe multimillonario; así era a súa paciencia. 

Como unha nai, ao marchar de alí -nas condicións que fora- sempre preguntaba “Levas todo? Chaves? Móbil? Carteira?”

Sen esquecer que, sendo un recoñecido madridista, nunca discutín con el por cuestións de fútbol. E creo que calquera barcelonista pode decir o mesmo. 

Moitas outras cousas nin as podo nin as quero contar aquí. Porque non hai palabras para describilas. Mais nunca as esqueceremos os que as vivimos. 

Váisenos o Toño. A unha xubilación merecida. O mundo segue. Tamén na hostalería. Mais hai quen deixa pegada imborrable e sempre estará na nosa memoria. O Toño é un deles.

Creo que falei en nome de todos os seus clientes e as persoas que lle temos máis que aprecio. Moitas gracias por tantas cousas boas e noraboa polo traballo ben feito!!!

ÚLTIMAS

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias...