InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: "Héroes en zapatillas"

Así viviamos hai un ano a pandemia: “Héroes en zapatillas”

Estes días lin unha reflexión interesante sobre como o debuxo, a educación física e maila música, consideradas "Marías" na educación, son as que nos alivian na corentena.

Publicado o

POR
Ramón González Rey
- Advertisement -

Diario de Corentena do 1 de abril do 2020:

Músicos de Ribadeo veñen de quitar ‘Héroes en zapatillas‘, un videoclip dunha canción colectiva que compuxeron entre todos desde as súas casas, nestes días de confinamento por mor do coronavirus.

“Esta é a nosa pequena homenaxe ás persoas que se foron e ás que evitan que outros se vaian, ás que saen por nosoutr@s e ás que se quedan na casa”, explican.

Máis ou menos identifícoos a todos, pero ao único que coñezo persoalmente é a Fillo García, o baixista, de Mallory e Remakers. Coma o seu irmán Fran, un apaixonado da música, ambos sempre con boa disposición para tocar en calquera lado e sempre metidos nalgo, nalgo positivo.

PEDALEAR NA COCIÑA

Estes días vin unha reflexión que circula por redes que me pareceu interesante. Viña a dicir que o debuxo, a educación física e maila música, as materias que se soen considerar “Marías” no sistema educativo -as supostamente máis doadas e menos relevantes- son as que nos están a axudar a pasar a corentena. Non fai falta pensalo moito para darse conta: un amigo co que hoxe mesmo chateei por whatsapp -mellor era un viño, si- está a publicar nas redes os seus debuxos. Outro manda unha foto: arreglouse para poder pedalear un rato na bici desde a cociña. Eu tiro de Spotify ou de Youtube.

Ás veces temos de menos as cousas relevantes. “Nos falta aire, vamos a aprender / que lo que amamos lo podemos perder”, di a letra de ‘Héroes en Zapatillas’, e tamén “tenles confianza / a los seres que te guardan / están velando por ti”.

E pouco máis fai falta saber, só que a música, neste mundo noso de calculadoras, ten sempre unhas palabras e unha melodía a man. Para cando faga falta.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...