HomeOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: Un elefante voando

Así viviamos hai un ano a pandemia: Un elefante voando

Un elefante voando; as persoas con SA saben que iso non é posible e non ven outro significado; non ven os dobres sentidos, cóstalles entender comportamentos como a ironía, o cinismo ou a falsidade. A cura de humildade da Covid19 debería de abrirnos os ollos sobre o noso comportamento como sociedade.

Publicado o

- Advertisement -

Diario de corentena 4 de abril do 2020:

2 de abril celebrábase o Día da Concienciación sobre o Autismo, cando andabamos rondando o pico da curva. Nesa xornada fíxose un especial chamamento á empatía cara estes colectivos que teñen necesidades especiais, máis se cabe, nestes momentos de confinamento. Para moitas destas personas saírse da rutina establecida supón un maior trastorno á súa condición.

O lema protagonista desa xornada foi “Os pequenos xestos son os responsables dos grandes cambios”. O día 18 de febreiro, Asperga, Asociación Galega de Asperger, celebrábao coa campaña “Haz Espacio”.  Falo do síndrome de Asperger (SA), porque este trastorno de orixe neurobiolóxica está enmarcado dentro dos Trastornos de Espectro do Autismo (TEA); e son o colectivo que máis coñezo á hora de falar do autismo.

Hai case unha década tiven a posibilidade de traballar cunha ampla representación de persoas con SA, persoas de diferentes idades e xénero. Faciamos un vídeo de sensibilización social sobre a situación desta persoas.

Na relación cos Asperger ves que para “entendelos” non o podes facer aténdote ao que estamos acostumados socialmente, porque moitos convencionalismos e patróns que consideramos básicos no noso comportameno social, para eles e elas non o son.

UN ELEFANTE VOANDO

Un elefante voando; as persoas con SA saben que iso non é posible e non ven outro significado; non ven os dobres sentidos, cóstalles entender comportamentos como a ironía, o cinismo ou a falsidade. E en liñas xerais non lles entusiasma socializar nin o contacto físico coa xente. No tempo traballando con eles pensei moitas veces que a súa interpretación das cousas podía ser máis acorde cun “mundo mellor”, ou que era a súa defensa ante un mundo no que se sinten agredidos.

Asperga na Cárcere Vella de Lugo

Hoxe o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, falou na súa comparecencia, da transición á que nos imos a enfrontar como sociedade. Cando pase a crise sanitaria e o estado de alarma no que estamos, seguirán os estados de alarma con menos limitacións, para progresivamente ir collendo un rumbo de recuperación. Seguirán os tempos difíciles e seguirá sendo necesaria a implicación de cada cidadán para controlar o virus, “Iranse recuperando algúns espazos de relación social, pero depende do cumprimento que fagamos como sociedade.”

O pensamento xeral é que a Covid19 é unha cura de humildade, como cidadáns, como sistema, como humanidade e agora volvo a recuperar os eslogans cos que comezaba falando dos Trastornos do Espectro do Autismo, que agora teñen máis sentido que nunca:

“Os pequenos xestos son os responsables dos grandes cambios”

“Haz Espacio”

ÚLTIMAS

Inscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada unha delimitación planimétrica

O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra reuniuse o pasado 10 de febreiro de...

A futura ‘Área Recreativa e Praia Fluvial de Monforte’ terá capacidade para acoller a unhas 20.000 persoas

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informou en rolda de prensa...

Estudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía

Corenta alumnas e alumnos de institutos da provincia de Lugo (IES Fontem Albei da...

O Club Lemos preséntalle o seu proxecto de futuro ao Alcalde de Monforte

O novo presidente do Club, Antonio López, que foi elixido polos socios o pasado...