HomeOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: Creounos vicio a rutina do...

Así viviamos hai un ano a pandemia: Creounos vicio a rutina do confinamento?

Se cadra o de non dar a man nin dous bicos ou non achegarse ás persoas xa se converteu nun acto reflexo. Igual que pechar os ollos cando nos tiran auga. Estariamos ante unha modificación colectiva e sustancial do comportamento. Case que unha mutación.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Diario de Corentena do 18 de abril do 2020:

Aínda que faltan algúns días para que se levante o confinamento -días que van ser duros polo bon tempo que nalgún momento virá-, convén ir pensando no que imos facer despois. Non me refiro á depuración de responsabilidades, ás medidas económicas a tomar, á reformulación das canles de abastecemento ou á política industrial que debamos seguir. Máis que nada porque todo iso escapa ao poder de decisión dos veciños da Ribeira Sacra. Tampouco falo do cambio de hábitos e modos de vida que se reclama dende múltiples foros porque eso xa é decisión de cada quen.PUBLICIDADE

A cuestión é como imos romper as rutinas que nos creou o tempo que pasamos pechados na casa. As negativas, como comer e beber de máis, e as positivas como facer exercicio a determinadas horas. Serán as nosas relacións sociais iguais ca antes? Frecuentaremos os mesmos lugares? Quedará para sempre un poso de medo na nosa cabeza? Esperemos que todo volva ser máis ou menos como era, pero parece difícil.

Control Monforte día 4 de corentena / XdL

Se cadra o de non dar a man nin dous bicos ou non achegarse ás persoas xa se converteu nun acto reflexo. Igual que pechar os ollos cando nos tiran auga. Estariamos ante unhamodificación colectiva e sustancial do comportamento. Case que unha mutación.

Creounos vicio a lectura e o visionado de series e películas nestas longas semanas? Non será fácil, en calquera caso, desfacerse deses vicios xa que permitiron desfrutar sen urxencias do inesperado tempo de lecer. Pero oxalá que non quede máis remedio que afacerse porque iso significaría que hai emprego e actividade económica.

As persoas que estiveron acumulando botes e botes de alcohol, lixivia e desinfectante terán que ir pensando en se lles compensa ter todo ese líquido inflamable na casa. A falta de solidariedade tamén se pode acabar pagando.

Sería bo que pensaramos na importancia do comercio local. Que mercando por internet pódenos vir un pantalón e uns zapatos pero tamén un virus nas rodas da furgoneta. E que o gasóleo que se gasta no reparto de cousas que veñen de lonxe cando as temos ao lado non axuda á natureza e, por tanto, á humanidade. Ou, sendo máis pragmáticos, pensemos que cantos máis pequenos comercios haxa, máis contribuintes haberá para seguir mantendo a sanidade pública que, unha vez máis, estivo moi por riba do que cabía esixirlle.

“NUNCA ME EQUIVOQUEI E NUNCA ME VOLVEREI EQUIVOCAR”

No mes de decembro, o -pouco recoñecido para os seus méritos- filósofo dezao Alberto Hermida acuñou unha frase que non dubidaron en seguir fielmente todos os gobernantes europeos, americanos e asiáticos: “Nunca me equivoquei e nunca me volverei equivocar”. Nesta situación totalmente inesperada ninguén sabía nada de antemán e moitas decisións puideron ser erradas pola falta de información contrastada e pola urxencia de solucionar o inmediato. Máis vale que todos aprendamos a comportarnos ante os imprevistos a partir de agora.

Canón do Sil na Ribeira Sacra. Foto: XMF

Un dos sectores máis castigados vai ser, xa o está sendo, o da hostalería. Agora que o turismo presentaba un crecemento sostido, que o Camiño de Inverno se estaba a consolidar e que xa tocamos coa man a declaración de Patrimonio da Humanidade, a Ribeira Sacraterá que volver posicionarse no mercado turístico e recuperar a imaxe de destino de referencia. Será un labor arduo pero seguro que exitoso se temos en conta a calidade e bon facer dos nosos hostaleiros. Pode ser unha boa oportunidade para comezar a desenvolver o agroturismoe situar como recurso turístico as nosas explotacións agrogandeiras que, por certo, non deixaron de traballar nin un só día.

AÍNDA NON ESTARÁ SUBIDA DE TODO O PERSIANA DOS BARES E XA ME TERÁN A MIN NA BARRA

Como isto é un diario que estamos a relatar entre varios, referirei o que creo que vai ser a miña experiencia cando remate o confinamento: aínda non estará subida de todo o persiana dos bares e xa me terán a min na barra…E, como volva o fútbol, nin con auga quente me sacan. E ben sei que non vou ser o único.

En canto á información/desinformación que circulou sen parar polas redes haberá que ponderar se, como se fixo neste tempo, prorrogamos a validez do método científico coñecido como “do Feliciano”, que consiste en pretender demostrar o indemostrable e presentar os datos mediante a aplicación adaptada a conveniencia da seguinte fórmula: “Pregúntalle ó Feliciano, que en paz descanse.”

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...