HomeOpiniónOPINIÓN: "Reivindicando o dereito a respirar"

OPINIÓN: “Reivindicando o dereito a respirar”

"En realidade sinto que nunca saímos desa Ditadura, simplemente creouse a ilusión de saír, porque cada ano que pasa, somos máis escravos, temos menos dereitos, e os que están no poder róubannos na cara son ningún tipo de consecuencia. Non te sintas mal porque o só feito de estar en desacordo xa está a elevar a consciencia colectiva." continuación do artigo de opinión de Eva García.

Publicado o

POR
Eva García Pérez
- Advertisement -


Houbo un tempo que me expuña a dúbida comigo mesma. Que é o mellor? O intelixente é non buscar problemas, non? Aínda que sempre convido á desobediencia é un auto convencemento tamén para min. O intelixente é evitar o problema, e eu quero evitalo, si, pero tamén quero reivindicar o meu dereito para respirar.

A miña experiencia nestes longos meses desde que se impuxo a través dos medios “terroristas” a obrigatoriedade, é ir sen a máscara, pero aos poucos tiven que ir traballando ese medo que moitos levamos moi dentro, de maneira ancestral, en moitos casos. Imaxinade, aquí xa se vivíu unha Ditadura moi brutal, levámolo na nosa memoria, polos nosos avós, bisavós, e agora repítese, pero esta vez o pobo non o sabe ou non o quere ver… Cousa que é moito peor.

En realidade sinto que nunca saímos desa Ditadura, simplemente creouse a ilusión de saír, porque cada ano que pasa, somos máis escravos, temos menos dereitos, e os que están no poder róubannos na cara son ningún tipo de consecuencia. Non te sintas mal porque o só feito de estar en desacordo xa está a elevar a consciencia colectiva. Ao que vou é que facer sentirnos criminais e irresponsables, aínda que saibamos perfectamente que somos todo o contrario, é parte do plan. As elites e os gobernos teñen a súa man executora, pero é imprescindible a fiel axuda dos estómagos agradecidos, aqueles que na anterior Ditadura se chivaban dos vermellos, hoxe en día son os que che increpan pola rúa, na tenda, ou chaman ás agachadas á poli.

Cativa protexida cunha máscara contra a Covid-19 | Fonte: www.vperemen.com, Licencia CC-BY-SA.

E o máis patético, aqueles cidadáns que se consideran progres, e compórtanse como auténticos nazis, os que chaman á policía se te ven “fóra de hora” na rúa, ou respirando aire puro, alentan ao poli “abusón” ante un cidadán libre, ou cando menos, aceptan sen rechistar a súa restrición de Dereitos fundamentais. Os de arriba coñecen perfectamente o comportamento humano, e saben que facernos sentir mal por presión social é parte da vil e rastrera estratexia. O importante é que o saibamos.

Eliminar o medo, exercendo o meu dereito a respirar

Cal é a solución? Estar cada vez máis seguros de nós. Eliminar o medo, aínda que creo que o medo non se elimina… É parte do ser humano, e é a ferramenta indispensable para accionar o sistema simpático que nos evita ser devorados. O medo é unha arma cargada coa que hai que aprender a camiñar, contrólase, para que el non te controle a ti, pero hai que mirarlo de fronte e recoñecelo, e aceptalo… Vivir con el… Dar o paso aínda que che treman as pernas. Saber que levas unha arma que pode destruirte, pero que podes camiñar con ela sen necesidade de accionar o gatillo.

A moitos nos pasa que estamos convencidos, e sabemos que estamos a defender pero ante a mínima situación de stress, aínda que sexa o máis parvo, a caixeira do súper que nos di que nos subamos a boceira, xa nos poñemos nerviosos ante o surreal de ter que explicar cousas tan obvias, ou ante a dúbida de, sigo igual, exercendo o meu dereito para respirar, póñone a boceira e evito problemas…

Verdugos e Guerreiros

Gustaríanos explicarlles brevemente, pero desde a serenidade e o respecto, pero a maioría non podemos, ou non se dan as mellores condicións para iso. É normal. Estamos sempre sinalados como criminais, no ollo de mira, e iso, non é fácil. Ás veces, cando sentimos nun ambiente menos hostil, sentimos con máis seguridade para explicarlle ao dependente que leva 10 horas ao día o cueiro na boca… E el mírate e compréndete, sábeo pero non queda outra, ou non o sabe pero queda pensativo, sementamos esa información nel. Cun axente da autoridade cústanos máis, pero tamén conséguese xerar un ambiente pacífico, cando interiormente estás máis seguro e tranquilo (non sempre, pero sempre mellor tranquilo e confiado). De aí, a acabar por completo con esta imposición criminal coa que pretenden enfermarnos queda menos, e é un traballo diario, aos poucos, pero deixemos o verdugo ao carón, tanto o verdugo que nos castiga a nós mesmos, como o verdugo á hora de criticar aos que loitan connosco, aínda que o fagan de maneira distinta. Deixemos o verdugo e potenciemos o Guerreiro.

O Guerreiro é compañeiro, é compasivo, sabe esquivar de maneira intelixente a loita, sen fuxir dela, valientemente, con serenidade e temperanza. Unirnos. Coñecernos. Facer quedadas cos que coñezas da túa cidade. Compartir experiencias, ir xuntos á compra, apoiarnos, comprendernos.. Saber que estamos aí, e unir forzas de maneira intelixente, buscar solucións e poñelas en práctica. Accionar. Pero de maneira intelixente, adquirir a determinación, a serenidade e a seguridade, e sempre co corazón, comprendendo ao compañeiro de trincheira…

Non vai vir ninguén a salvarnos de nada, o potencial témolo nós, somos moitos, moitísimos, cada vez máis. Pero necesitamos estar unidos entre nós, non enfadarnos porque o noso compañeiro quere levala por medo á represión policial. A única maneira de saír disto é manternos en unión, e o día que o fagamos, comémonos o mundo e a todos os que queren destruílo. Respira.

O primeiro artigo “Ponte a máscara ben” podes lelo aquí.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...