HomeOpiniónOPINIÓN: Animais urbanizados, fagamos posible o cambio

OPINIÓN: Animais urbanizados, fagamos posible o cambio

Todos coincidimos en que é preciso acadar o obxectivo de reducir a nosa pegada de carbono. En todos os sectores. Por iso non podemos quedar só no que abrangue aos animais destinados á produción de alimentos.

Publicado o

POR
José Luis Cortiñas González. Asesor de gandarías
- Advertisement -

Por desgraza e pola magnitude dos feitos, quero comezar empatizando cos pobos centroeuropeos que padeceron uns desastres climáticos extremos.

A península ibérica -Iberia- como parte de Europa, debe analizar e entender estes graves acontecementos, que segundo moitas proxeccións tornaranse aínda máis catastróficos.  Eu son xestor dun cativo trozo de terra da península, vivo ameazado por unha “res pública” e as súas estruturas;  atópome suxeito a unhas normas “de cemento”;  son comercializado como receptor dun tesouro (PAC), cando case a ninguén lle chegan nin as mondas; e véxome vandalizado polos impactos do medio. Por iso,  remítolle á sociedade urbanizada (estabulada, de cemento) dende este ferrado da “Iberia vaciada” unha reflexión:

  • Os habitantes do rural precisamos colaborar coas vilas para reducir as emisións contaminantes nos procesos de produción dos nosos alimentos. Non fuxo da parte que me toca como produtor con rumiantes, pero é imprescindible o rexernos por criterios de coñecementos baseados na ciencia da nutrición e usalos como eixo da concordia. Resulta humillante escoitar falar sen rigor dos impactos da produción de carne, mentres vemos comer ensaladas coa metade dos seus ingredientes traídos de alén dos mares; por non falar dos impactos da produción de horta en moitos territorios, así como do deterioro dese medio por causa dunha explotación desmedida.

Animais urbanizados

Todos coincidimos en que é preciso acadar o obxectivo de reducir a nosa pegada de carbono. En todos os sectores. Por iso non podemos quedar só no que abrangue aos animais destinados á produción de alimentos. E cómpre afrontar sen prexuizos a necesidade de intentar parar ou reducir ata os niveis que se rexistraban nos anos 90 do pasado século as emisións de gases e os impactos no medio que xeneran os animais urbanizados, tanto polos recursos que consumen, os residuos que producen e o transporte de mercadorías que requiren.

Granxa de porcos / animalia.es
  • Reclamamos, pois, o apoio indispensable do conxunto da sociedade de vilas e cidades para que o rigor científico presida as nosas relación cos animais e co medio.  Cal é a ciencia que avala por razón de dor, biolóxica ou de calidade de vida, por exemplo, a castración de cans e gatos e a prohibición desta por benestar animal en cochos ou xatos? Os sentementos non poden estar por riba da ciencia nin do interese social e medioambiental colectivo. 

Gustaríame chegar a un acordo coa sociedade urbana e tributaria. Nunha relación entre iguais en termos lexislativos e con transparencia no eido económico (e non só nos prezos dos productos). É preciso medir, pesar, cuantificar e comparar a aportación de cada un á vida e aos seus ecosistemas.

Porque, antes ou despois, estes fenómenos climáticos extremos poderannos afectar. E desde a “Iberia vaciada” seremos copartícipes tanto nos cambios como nas responsabilidades. 

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...