HomeOpiniónDoade: o emprendemento turístico atrae a máis de 20.000 visitantes

Doade: o emprendemento turístico atrae a máis de 20.000 visitantes

"Recibimos máis de 20.000 visitantes sen contar os 40.000 que pasaron para tomar o catamarán".

Publicado o

POR
Antonio Rodríguez
- Advertisement -

Doade, no concello de Sober, xunto con Parada de Sil e Castro Caldelas son, na actualidade, un destino turístico importante para os visitantes da Ribeira Sacra. Tres ubicacións, que cada unha coas súas singulares características son as que neste momento atraen a máis turistas desexosos de coñecer a beleza interior deste espazo histórico, máis alá das proclamas propagandísticas, pagadas por todos os cidadáns.

Doade cuxa natureza permitiulle dispor dos viñedos mellor conservados, coidados e visitados, recibiu este ano miles de visitantes atraídos pola beleza natural (canón humanizado polo traballo do home ao longo de 2.000 anos), facilidade de acceso e infraestrutura enoturística (3 Restaurantes, Tren Turístico e Adegas de renome internacional, Catamaráns, e o maior espazo artístico ao aire libre de Galicia.)

Recibimos máis de 20.000 visitantes sen contar os 40.000 que pasaron para tomar o catamarán.

Tren Turístico / Aba Sacra

Neste último tramo do primeiro cuarto do século XXI, a Deputación está mellorando parte da LU-5903, que une este tramo turístico coa capitalidade do termo municipal. Son necesarios outros pequenos investimentos das administracións públicas e particulares para revalorizar esta parroquia rural que despuntou desde hai anos, gracias ao bo facer dos empresarios que apostaron por ela. Como grupo HGA Viñedos de Altura e Pizarras Campos cos seus grandes proxectos enoturísticos, que dalgún modo proxectaron Doade como destino nestes tempos nos que o turismo do viño púxose de moda. Tamén pequenos emprendedores decidiron crear as súas empresas (Aba Sacra, Guímaro, 6 casas de turismo rural, Enoturismo de Galicia con 6 segways para alugueiro, Tren Turístico co seu Wine Tour, etc.)

Dispón Doade dunha infaestrutura turística encomiable, e ademais os promotores unidos e coordinados que fan un todo cohesionado. Exemplo delo é o Wine Tour con Tren Turístico que realiza a viaxe polas Abas de Amandi e con visita a adegas.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...