HomeOpiniónJaime González: Avanza Pantón somos xente nova e comprometida que quere gobernar...

Jaime González: Avanza Pantón somos xente nova e comprometida que quere gobernar con visión de futuro

A agrupación de electores, Avanza Pantón, presentou oficialmente a súa proposta e candidatura para as próximas eleccións municipais do 28 de maio. Cunha visión clara de promover o desenvolvemento sostible e o benestar da nosa comunidade, Avanza Pantón xorde como unha alternativa fresca e comprometida coas necesidades das/os nosas/os veciñas e veciños.

Publicado o

POR
Jaime González, candidato á alcaldía por Avanza Pantón
- Advertisement -

Ante a parálise mostrada polo grupo de goberno durante os últimos 16 anos, Avanza Pantón nace ante a necesidade de dar un xiro de 180 graos á situación de decadencia que sofre o Concello e que nos leva ao ostracismo e o esquecemento. Un grupo de xente nova e comprometida xorde coa iniciativa de gobernar con visión de futuro. Esta corporación é o aire fresco que necesita o Concello para que o cambio sexa efectivo.

Entre os principais piares do noso programa electoral atópanse:

  • Un desenvolvemento local sostible: que se basea en tres políticas tractoras, Industria, Vivenda e Turismo.
  • A creación dun polígono que poida ser punto loxístico de referencia na zona e con acceso directo á N-120.
  • A creación dun cookworking, para que pequenos empresarios poidan alugar un espazo colaborativo para traballar e desenvolverse, con salas de reunións ou videoconferencia, presentacións de produtos e impulso das pequenas empresas.
  • A posta en marcha do PXOM como eixo vertebrador para a construción tanto de vivenda pública como privada, a aposta polo asentamento de familias novas a través de incentivos fiscais e de conciliación.
  • A posta en marcha dun plan de turismo 360, que nos permita manter unha oferta turística adecuada ás distintas demandas, turismo multiaventura, turismo cultural, vitivinícola, termal e descanso.

O Concello ofrece múltiples oportunidades para o seu aproveitamento. Un dos principais compromisos desta corporación é completar en todos os núcleos do concello a rede de saneamento e abastecemento de auga. Avanza Pantón ve esencial manter a praza do terceiro médico e a contratación polo menos 1 día á semana dun pediatra no centro de saúde. Puntos tales como a creación dun servizo de protección civil e un punto de teleasistencia para persoas mayoras, están dentro do noso programa.

Jaime González candidato de Avanza Pantón

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...