Nestes tempos de incerteza e polarización, é máis importante que nunca que deixemos ao carón diferencias partidistas e unirnos ao redor de obxectivos comúns. A Agrupación de Electores Avanza Panton baséase en principios sólidos de transparencia, inclusión e xustiza social. Buscamos xerar consensos e construír pontes entre diferentes sectores da sociedade, co fin de alcanzar solucións equitativas e sostibles para todas as veciñas e veciños de Pantón.
Desde Avanza Pantón temos un PLAN para a próxima lexislatura, un plan de Concello, un plan para todas/os, independentemente da cor política ou afiliación, un plan de futuro e prosperidade.
Facemos un chamado a todas as veciñas e veciños a analizar detidamente as propostas e traxectoria dos candidatos. Ao exercer o seu dereito ao voto, instámoslles a que consideren non só a afiliación partidista, senón a integridade, a capacidade de liderado tamén e o compromiso co benestar colectivo. O momento actual require líderes dispostos a escoitar á cidadanía, a tomar decisións baseadas en evidencias e a traballar arduamente polo progreso de todos.
A Agrupación de Electores Avanza Pantón comprométese a ser a voz daqueles/as que non se senten representados/as polos esquemas tradicionais. Enfocámonos en impulsar políticas que fomenten a equidade, o compromiso co prometido, o desenvolvemento económico sostible do concello, a protección das persoas maiores e máis vulnerables e a promoción industrial, turística e de vivenda nun concello tan necesitado dun desenvolvemento sostible. O noso enfoque baséase en solucións realistas e viables que evitan os problemas de fondo e xeran un impacto positivo duradeiro.
O intercambio de ideas e a diversidade de opinións son esenciais para fortalecer a nosa democracia. Xuntos, podemos construír un futuro próspero e xusto para todas/os.
Desde esta agrupación miramos de fronte ao futuro, sabemos do que somos capaces e queremos dar un impulso diferenciador ao noso concello. As nosas bases son a innovación, transformación e dinamización do territorio, sempre baseados en ámbitos de resiliencia, transparencia e equidade para todas as veciñas e veciños de Pantón.
Avancemos cara un futuro prometedor con paso firme, contamos contigo o próximo 28 de maio para empezar o cambio, un cambio xusto e necesario para que o noso concello non quede no esquecemento, un cambio que nos eleve a metas maiores, levándonos a ser unha referencia non só na zona, se non en toda Galicia, unha referencia de traballo, excelencia e compromiso coas veciñas e veciños de Pantón.
O día 28 de maio avanzamos cara a un futuro mellor. AVANZA PANTÓN, MIRANDO CARA O FUTURO.