HomeOpiniónDesamparo dunha vivenda do Courel despois do incendio do pasado ano e...

Desamparo dunha vivenda do Courel despois do incendio do pasado ano e posteriores riadas

Desde xa fai 20 anos vivo e estou empadroado no lugar de Ourdinheira, sito en Froxán, na parroquia de San Vicente de Vilamor, en Folgoso do Courel. A casa que comparto coa miña parella atópase nun espazo moi singular.

Publicado o

POR
Ignacio Martínez Pérez
- Advertisement -

Accedemos á nosa vivenda polo camiño real, GR-8 Ruta Pedrafita do Cebreiro-Paramedela e  escomenza nunha curva na estrada Lu-P-5005, entre Froxán e Castro Portela e cun percorrido ata á casa duns 500-600metros. Actualmente, e debido ao incendio de xullo de 2022 e posteriores augas pluviais, a montaña, que está sen vexetación nin árbores, o camiño está totalmente intransitable, arrasado na súa totalidade.

A casa está sita a 20 metros do río Lor, por S-SO, e ca montaña pegada á casa, por N-NE, e sen veciños cerca. O camiño actualmente parece unha pista de obstáculos con enormes fochancas e buratos, escorrentías e regos produto dos “ríos” que percorren e baixan da montaña. Montaña, que está partida a media altura pola estrada LU-P-4701, e en aprox. Kmt.24-25, é rebasada polas augas pluviais no seu arcén, cheo de maleza e pedras, atravesando a estrada por riba da nosa casa e en auténticas fervenzas arrasa ca nosa vivenda, inundándoa e arrastrando pedras e demais.

Accesos vivenda afectada vídeo / IMP

As augas inundaron xa en varias ocasións o baixo da nosa vivenda. Na primeira ocasión tivemos axuda dun grupo de persoas de voluntariado que botaron unha man; pero o resto das veces foron moito peores, só a miña parella e eu loitamos con arela, pero moi indefensos e sobrepasados, contra as augas das tormentas. Temos a casa rodeada de zanxas e coa esperanza de que as choivas non sexan excesivas e poidamos vivir tranquilos.

Necesitamos axuda, e sobre todo, entendemos que debería ser o Concello quen se fixera cargo do asunto, xa que mandei escrito por rexistro de entrada, tanto ao concello, como á Deputación. Nin o Concello, competente da lu-p-5005, nin a Deputación, competente da lu-p-4701, deron resposta. Agora achégase o segundo outono-inverno despois do incendio, con todas as augas que previsiblemente virán. Necesitamos visibilizar estas reclamacións ante o Concello e a Deputación.

Accesos vivenda afectada / IMP

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...