Estas letras de agradecemento, tentan expresar dúas sensacións: a TRANQUILIDADE (como pais é dificil acadala cando os fillos cativos non están con nós) que tivemos estes anos nas moitas horas que os nenos pasaron con vós, e o DESEXO de que nos permitades seguir sendo parte da familia “Val de Lemos”.
Non vos coñeciamos nin a nivel persoal nin profesional, e nestes anos (tampouco tantos) axudástenos moito a que eses nenos sexan persoas “capaces” de voar soas.
Agradecidos, por mudar a frialdade do pavillón polo calor que nos destes nas gradas no persoal; por facer que os quilómetros, os madrugóns e os tardes nos fosen de sobra compensados polo trato “familiar” que tivestedes con nós, deixándonos claro que podiamos confiar en vós.
Se no persoal sentímonos deudores con moitas nais e pais que xa formades parte do noso Patrimonio de amigos, no profesional foi espectacular o que acadástedes cos nosos nenos. Non temos coñecementos de baloncesto, pero fixéstedes, que como pais flipásemos véndoos na pista e ata onde conseguístedes que os valoraran.
Deudores con Sanchino, Sobrino, Celia e o resto do cadro técnico do club. Sodes moi bos sacando o mellor de cada neno na pista. Grazas “F” por deixalo inmortalizado.
Queremos seguir formando parte desa familia, deses valores nos que os nenos están no centro de todo o que facedes
GRAZAS CB Val de Lemos e moitísimas grazas Marga por todo. Seguimos.
Pais de Omar e Noel
Omar Cortiñas / CB Val de Lemos