HomeOpiniónYolanda Alcas representará a Bóveda no Slam Poetry estatal

Yolanda Alcas representará a Bóveda no Slam Poetry estatal

Este XV campionato estatal está organizado polos compañeiros de Poetry Slam Cartagena, e coordinado por Poetry Slam España.

Publicado o

POR
Xosé M. Casar
- Advertisement -

Hai algo máis dun mes que rematou a cuarta tempada de Bóveda Slam Poetry. Os clasificados para participar na Gran Final foron os cinco poetas gañadores dos sucesivos encontros e as dúas seguintes mellores puntuacións da tempada: Sandra, José Antonio, Peter Brea,
Elena, Inés Mosquera, Roberto do Pacio e Yolanda Alcas.

O día 26 de xuño seis dos sete poetas clasificados, Peter Brea non puido participar por mor de obrigas laborais, interpretaron as súas pezas enchendo o serán dunha grande calidade poética no centro sociocultural de Bóveda. Cinco persoas escollidas entre o público asistente a este derradeiro encontro, cualificaron coas súas puntuacións ás e ós ‘slamers’ facendo gañadoras dos correspondentes premios a: Sandra, poeta sarriana, que levou o caderno de bronce; Inés Mosquera, poeta carraleña, que acadou o caderno de prata; e fixeron campioa desta tempada de Bóveda Slam Poetry, dándolle o caderno de ouro, á bovedesa Yolanda Alcas.

Yolanda representará a Bóveda no campionato estatal, que este ano celebrarase en Cartaxena nos días 17, 18 e 19 de setembro. Este
XV campionato estatal está organizado polos compañeiros de Poetry Slam Cartagena, e coordinado por Poetry Slam España.

ÚLTIMAS

Máis dunha vintena de investigadores nunha nova campaña de escavacións na Cova de Eirós

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este mércores o alcance dos traballos...

Estabilizado o incendio forestal de Taboada que afectou a 30 hectáreas

Este lume iniciouse ás 17,38 horas deste mércores, 12 de agosto, e segundo as...

O XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’ ofrece lecer familiar nas Patronais de Monforte

O certame “A rúa é vosa”, dirixido ao público familiar, achega na súa duodécima...

Sober dáse cita co Amandi e a rosca

A experiencia proposta pola Agacal tivo como fío condutor a Rosca de Sober, reinterpretada...