HomePolíticaPor Chantada presenta unha candidatura "nova e plural"

Por Chantada presenta unha candidatura “nova e plural”

Aseguran desde a formación política que a candidatura conta con representación de todos os sectores produtivos e conta cunha media de idade de 35 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Por Chantada CUP asegura que se trata dunha candidatura que mantén o equilibrio entre candidatos das parroquias e da vila e que sae a gañar, convencidos de que se necesita un cambio na xestión das políticas municipais e comezar a facer fronte a retos como o despoboamento, a degradación das infraestruturas e dos servizos públicos, a dinamización do tecido económico, a mellora da oferta cultural, a creación de oportunidades para a mocidade ou a aposta polo noso tecido produtivo a comezar polo rural.

Do seu proxecto aseguran, que ten como principios a honestidade, o traballo e a competencia ao que dín, se suma a ilusión por transformar o concello.

A Candidatura POR CHANTADA – CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR, intégrana:

1.- Antom Fente Parada. Santa Uxía de Asma. Profesor no ensino secundario. 32 anos.
2.- Cruz Fernández Rodríguez. Brigos. Técnico en coidados de enfermaría. 51 anos.
3.- Alba Mirás Varela. San Salvador de Asma. Administrativa no sector da viticultura. 27 anos.
4.- Rafael Lobelle González. Santa Cruz de Viana. Profesor no ensino secundario. 30 anos.
5.- Isaac Viana Fernández. Chantada. Traballador na industria, no sector da alimentación. 47 anos.

6.- Eva María Naveiro Rey. Chantada. 49 anos. Envasadora no sector da panadaría.
7.- Vítor Fernández Caseiro. Esmoriz. Labrego en extensivo. 33 anos.
8.- Verónica García Otero. Mariz. Técnico de Atención a Persoas Dependentes. 22 anos.
9.- Xosé Francisco García. Muradelle. Investigador posdoutoral. 35 anos.
10.- Nerea Noguerol Barrenetxea. Chantada. Intérprete e especialista en linguaxe de signos. 33 anos.

11.- Xosé Henrique Díaz Jorge. Chantada. Traballador da hostalaría. 48 anos.
12.- Patricia Gay Ledo. Chantada. Empresaria do sector da hostalaría. 40 anos.
13.- André Vázquez Figueiras. Chantada. Profesor no ensino secundario. 26 anos.
14.- Ana Sanmartín Geada. Chantada. Traballadora da construción. 29 anos.
15.- Igor André Morgado Vieira. San Pedro de Líncora. Biólogo e empresario do sector turístico. 31 anos.

16.- Raquel Quintanilla Río. Requeixo. Auxiliar administrativa. 42 anos.
17.- Odmin Lale Suárez. Chantada. Traballador no sector servizos. 34 anos.
18.- Olga Otero Gómez. Arcos. Labrega xubilada. Ex-concelleira entre 2007-2011. 73 anos.
19.- Benxamín Díaz Sierra. Chantada. Técnico forestal e operario en servizos públicos. 46 anos.

20.- Cristina Ouro Gómez. Chantada. Ilustradora e autónoma. 40 anos.
21.- Ibán Ratón Varela. Laxe. Músico. 36 anos.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...