HomePolíticaO PP de Monforte presenta a súa candidatura ás municipais

O PP de Monforte presenta a súa candidatura ás municipais

A candidatura ultima o programa electoral, que nos vindeiros días darán a coñecer e que terá como obxectivo "a recuperación e desenvolvemento demográfico e económico da cidade do Cabe".

Publicado o

- Advertisement -

A candidata do PP de Monforte, Katherinie Varela,  vén de presentar a súa lista aos afiliados. Unha candidatura con representación de todos os sectores sociais, “Con monfortinos autónomos e profesionais que queren a recuperación económica de Monforte; históricos do partido como Milagros Fernández Rodríguez, ou José Rodríguez Liñares, xubilados que sempre prestaron o seu su apoio ao PP”.

Ademais de veteranos, como Alejandro Sousa ou José Manuel Rodríguez, uniuse ao equipo de Katherinie Varela un grupo de xente moza que asegura ter interese en cambiar o rumbo “da situación de decadencia que vive Monforte”.

A candidatura completa dos populares de Monforte intégrana as seguintes persoas:

  1. Katherinie Varela Fernández. Avogada e ex empregada de banca
  2. Roberto Eireos Saez. Empresario. Diversos negocios de hostalería. Concelleiro en Ferreira no último mandato.
  3. Manolo Rodríguez Martínez. Empresario. Negocio de Ortopedia. Concelleiro en Monforte no mandato 2011 – 2015
  4. Víctor Manuel Rodríguez López. Veterinario. Propietario Val da Lenda. Vocal Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra.
  5. Milagros Fernández Rodríguez. Xubilada. Actual presidenta da asociación de veciños do barrio da Florida. Histórica e fundadora do partido popular en Monforte.
  6. Iván Vázquez. Xefe de área de Monforte da Consellería do medio rural. Concelleiro en Monforte na actualidade.
  7. Rodrigo Coucheiro Limeres. Enxeñeiro de Camiños e empresario en Monforte de Lemos.
  8. Lorena López López. Empregada administración de loterías e vicepresidenta da asociación Ruliños.
  9. Sandra Díaz Novoa. Licenciada en Ade. Traballa en Nortempo
  10. María José Losada Touriño. Xefa de Recepción no Balneario de Ferreira.
  11. Pedro Rey Pérez. Empresario. Organización de eventos.
  12. Rocío Pena Silva. Diplomada en Turismo. Recepcionista no parador de Monforte.
  13. José Rodríguez Liñares. Xubilado de Aqualia e histórico do partido.
  14. Bibiana Rodríguez Lemos. Diplomada en Turismo, empregada en INDITEX.
  15. José Manuel Rodríguez González. Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
  16. Ana María Díaz Novoa. Empresaria. Presidenta de NNGG durante oito anos.
  17. Alejandro Sousa Escandón. Médico Urólogo. Ex presidente local do partido.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...